sábado. 14.12.2024
El tiempo

A Ruta Quetzal descubriu os segredos da Costa da Morte

Ruta Quetzal no Castro Borneiro
Ruta Quetzal no Castro Borneiro
A Ruta Quetzal descubriu os segredos da Costa da Morte

Rematou o periplo da Ruta Quetzal pola Costa da Morte. Este mítico programa creado en 1979 por Miguel de la Quadra-Salcedo para facer soñar á mocidade dos 80-90 con convertirse en grandes descubridores e aventureiros, fixo un completo percorrido pola Costa da Morte. A Ruta Quetzal 2023 paso pola comarca no marco da expedición "Hacia la Luz del Fin del Mundo", que disfruta nesta primeira quincena de xullo dunha viaxe que comezaba en Vilanova de Arousa, navegaba ata Catoira, viaxaba ata Viana do Castelo, alcanzaba Santiago e remataba na Coruña tras chegar á fin da terra.

Foron 4-5 días intensos pola nosa comarca, de máxima actividade para máis de 200 aventureiros adolescentes, dirixidos por Íñigo de la Quadra-Salcedo, e facendo click en case todos os ítems visitables da comarca.

Ruta Quetzal no Parador de Lourido
Ruta Quetzal no Parador de Lourido

Chegaron despois de 50 km facendo o Camiño dedne Santiago. Pasaron a primeira noite, baixo a chuvia, no campo da capela San Pedro Martir de Cee. Atravesaron a vila da Xunqueira para dirixirse a Fisterra, chegando para gozar das explicacións de Manolo no Museo da Pesca, e da singularidade e humor do Entroido de Verán. Todo antes de chegar ao Faro da fin da terra. Despois de ver o solpor pasaron a noite na pista do cole Nuestra Señora del Carmen.

A seguinte xornada foi polo Camiño Fisterra-Muxía, atravesando o potente Cabo Touriñán, e rematando na vila de Muxía, coñecendo o Santuario da Virxe da Barca, pasando por debaixo da Pedra dAbalar, e pasando a noite ao raso na terraza do Parador, “disfrutando das estrellas como nunca antes, e escoitando o son do mar”.

Ruta Quetzal con Bernardino Martinez no Faro Vilan
Ruta Quetzal con Bernardino Martinez no Faro Vilán

Completo paso por Camariñas, con visitas ao Museo do Encaixe, Faro Vilán e ruta do Trece, da man dun Bernardino Martínez que fai de todo, e visitando tamén o pobo de Camelle e a Casa de Man coa conferencia "Naufragios en Costa da Norte" de Vicente Caramés Moreira.
Esa noite a pasaron no polideportivo do IES Cabo da Area.

Remataron a viaxe costeira, antes de dirixirse á Coruña, cunha visita polos faros da Insua, Nariga e Roncudo, un paso polo Dolmen de Dombate e o Castro Borneiro, parando en Santo Hadrián par escoitar a charla de Marilar Aleixandre sobre "Ecosistemase biodiversidad en Costa da Morte”.

Ruta Quetzal en Punta Nariga
Ruta Quetzal en Punta Nariga

Comentarios