Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Sabela Arán: “A TVG deume e dame moitas oportunidades de aprender”

Sabela Aran-Foto- Alejandro Goris 2
Fotos de Alejandro Gorís
Sabela Arán: “A TVG deume e dame moitas oportunidades de aprender”

Conversamos coa santiaguesa Sabela Arán, unha das actrices máis recoñecidas do filme galego. Ademais de ser licenciada en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, xa ten un Mestre Mateo no seu palmarés, e este ano colabora con dous proxectos que están nominados a el, a serie Neboa e a web serie Amnesia 3.0.

 
  • A.G.: Nácese para actriz ou faise?

Se cadra queda máis bonito dicir que se nace pero non é así. Hai casos nos que xente sen formación chegou moi lonxe na súa carreira e ao contrario, que por moito que traballou o talento non lle acompañou. O que está claro é que, se sentes esta profesión como algo vocacional, precisas ter certa sensibilidade da que non todo o mundo pode presumir.

 
  • A.G.: Estrenacheste no cine coa película Vilamor, cómo foi a experiencia?

A primeira de todas, polo menos desa envergadura. Foi a primeira vez de moitas cousas, a ocasión na que aprendín moito desta profesión. Supuxo unha oportunidade para coñecer o oficio e a compañeiras e compañeiros marabillosos que traballan nel.

 
  • A.G.: Ademais lograches o premio Mestre Mateo á mellor actriz. Iso foi entrar pisando forte!

Si, foi unha sorpresa recibilo. O máis importante dos premios e saber que a xente valora o teu traballo, sobre todo, se é o primeiro jejeje

 
  • A.G.: Es unha das grandes actrices do noso país, non hai serie forte da TVG que non conte contigo. Iso é sempre bo ou pode chegar a ser malo?

O traballo sempre é bo, sexa onde sexa. Neste caso a TVG deume e dame moitas oportunidades de aprender. É algo polo que sempre lle estarei agradecida.

Sabela Aran-Foto- Alejandro Goris

  • A.G.: Actualmente estás en Método Criminal, que tal se leva o de rodar en época de Covid?

Con máis gratitude aínda e moito coidado. Neste momento coñecemos os protocolos e as medidas que hai que seguir para desempeñar o traballo de xeito seguro e tranquilo. No meu sector, as cousas estanse facendo ben, para que a covid no supoña un risco.

 
  • A.G.: Na serie "El secreto de Puenteviejo" pasaron centos de actores, do longa e exitosa que foi, pero ao final descubriches o secreto ou non?

[risas] O segredo non, pero descubrín outras cousas marabillosas, como coñecer outros métodos de traballo, outros ritmos e compañeiros como Raúl Peña ou Chico García que son marabillosos.

 
  • A.G.: Ademais de esa serie tamén participaches en Gran Hotel e Néboa, que tal a experiencia para ámbito nacional?

Precisamente eses dous exemplos son de produtoras galegas e, ao final as maneiras son bastantes semellantes. O que cambia son os equipos e os tempos. No caso de Néboa tivemos un ritmo máis relaxado que noutras producións nas que tiven a sorte de traballar. Facer as cousas sen présa e co tempo e mimo necesario é un luxo.

 
  • A.G.: Na serie 3 Caminos para Amazon Prime, apareces armando festa, na vida real tamén eres tan festexeira?

Sí claro, son unha persoa á que lle gusta festexar polo motivo que sexa. Xuntarse en boa compañía xa che leva a pasalo ben. Na vida sempre hai moitivos para celebrar.

 
  • A.G.: E sendo de Santiago, ti fixeches o camiño?

Fixen pequenos tramos cando era nena, co colexio ou algún campamento. Pero a experiencia de botar días e días pateando ata chegar a Compos aínda non a experimentei (teño ganas).

 
  • A.G.: Tamén comentaches que che gustaría interpretar un papel masculino, en cal te imaxinas mellor?

En realidade hai moitos papeis que me gustaría interpretar; o do papel masculino é porque sería todo un reto dar vida a unha pesrsonaxe que estea tan afastada de min.

 
  • A.G.: Comedia, drama, suspense, terror, en dónde crees que explota a mellor Sabela?

Que pregunta difícil! Non o teño moi claro, pero creo que o xénero máis complicado de explorar (en xeral) é a comedia. Non é nada doado facer rir!

 
  • A.G.: Temos moitos actores galegos que son referentes para o audiovisual nacional, tes gañas de dar ese salto ou non pensas en eso?

Si claro, pero tamén é certo que as miñas metas foron cambiado co paso do tempo. Antes quería comerme o mundo e chegar super lonxe. Encantaríame que pasase, pero sendo máis realista, con vivir tranquila do meu traballo xa me parece bastante pedir. En Galicia, fóra…onde sexa. Pero sempre hai ganas de explorar outros lugares, claro.

 
  • A.G.: E para rematar, tes algunha vivencia persoal na Costa da Morte?

Si coñezo a Costa de Morte por motivos profesionais e persoais xa que teño alí boas amizades. Lugar que recomendo a todo mundo visitar.

 

Novas relacionadas

Entrevistas semellantes

Comentarios