San Nicolás ilumina a comunidade hispana en Zúric: un encontro máxico de tradicións e xenerosidade
No medio do xélido inverno suízo, a comunidade hispanoparlante de Zúric reuniuse para vivir a festividade anual de San Nicolás, un evento minuciosamente organizado pola Asociación Cultural "As Xeitosiñas" (moitos integrantes do grupo e dos socios son da Costa da Morte e mesmo o premio outorgado é unha réplica do Faro Vilán) e a Misión Católica da Lingua Española. O escenario foi unha sala cálida engalanada con adornos de Nadal, onde a música tradicional galega, interpretada maxistralmente polo grupo da entidade e o recoñecido dúo de recanteiros da TVG, Antonio Barros e Alma, creaba un ambiente festivo impregnado do espírito do Nadal.
A expectación foi palpable, sobre todo entre os máis pequenos, que agardaban ansiosos a chegada de San Nicolás cargados de bolsas cheas de cacahuetes, chocolates e mandarinas. Este querido personaxe, coñecido pola súa xenerosidade e dedicación aos nenos, fixo a súa entrada triunfal, espallando alegría e emoción ao seu paso. Vestido coa súa emblemática roupa branca e vermella, bastón na man e un saco cheo de sorpresas, espertou imaxinación e emoción na mirada de cada neno. O colofón chegou cando San Nicolás comezou a repartir bolsas cheas de froitos secos, chocolates e mandarinas aos emocionados nenos. Risas e berros de felicidade encheron a sala mentres os máis pequenos exploraban o contido dos seus agasallos, deleitándose coa deliciosa mestura de sabores que evocaba o espírito do Nadal.
A conselleira de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, Fabiola García, sumouse á celebración da Gran Festa de Nadal, expresando o seu agradecemento e cariño á comunidade galega no exterior.
Durante o acto entregou unhas fermosas mochilas aos nenos presentes, poñendo un toque especial á festa de San Nicolás. O cónsul de España en Suíza, Francisco José Rabena Barrachina, acompañado da súa muller, tamén prestou o seu apoio á comunidade neste día tan especial.
Como emotiva despedida, As Xeitosiñas outorgou o máximo galardón ao padre Pedro, que regresa a España despois de moitos anos ao servizo da comunidade hispanoparlante de Zurich.
A celebración de San Nicolás en Zúric non foi só un momento de alegría para os nenos, senón tamén unha oportunidade para que as familias hispanofalantes se conectaran, compartan tradicións e fortalezan o seu sentido de pertenza a terras suízas. A combinación da música, a xenerosidade de San Nicolás, o apoio da Xunta de Galicia e ABANCA, principalmente, xunto co loable labor altruísta da Asociación "As Xeitosiñas", crearon unha experiencia única que perdurará na memoria de todos os participantes, consolidando esta festividade como un fito anual na vida da comunidade hispana en Zurich.
MÁIS ARTIGOS DE ALEJANDRA PLAZA DENDE A DIÁSPORA
- Carlos Núñez e o grupo costeiro Galiza Celta ofreceron unha espectacular noite no Teatro Xura de Delémont
- Unha Viaxe Musical e Gastronómica aos Alpes Berneses co Grupo Delémont Celtic Galiza
- A Expo Taxi Compostela une Galicia e o Jura en Delémont a través da emoción
- Xubílase Jesús Gómez Antelo: Da emigración á política, unha vida adicada á xustiza social e aos dereitos laborais
- Exitoso debut do Festival da Transición en Delémont coa participación do Grupo Galiza Celta.
- A Irmandade Galega en Suíza estreitou os lazos culturais na investidura do primeiro alcalde galego no país helvético.
- A DIÁSPORA LEVA POR EUROPA A TRADICIÓN DAS SARDIÑADAS DO SAN XOÁN.
- Galiza Celta de Delémont sorprende ao público no festival Slow Up Jura Agglo'balade en Suíza