Santa Comba decláralle a guerra á avespa velutina


Chega en breve a primavera e con ela as raíñas de vespa asiática van comezar a formar os novos niños. Por iso é momento de actuar. Así o ten claro o Concello de Santa Comba que quere invitar a toda a veciñanza a comezar coa colocación de trampas para a captura da avespa. “É necesario aproveitar o período no que as raíñas se mostren activas no exterior, e decir durante os meses de febrero, marzo, abril e no seu caso maio. Cada raíña capturada suporá un niño menos no entorno”, lembran.
Así, o Concello de Santa Comba quere potenciar o trampeo de raíñas e evitar a sua propagación implicando e concienciando a veciñanza da importancia desta laboura. Cabe recordar que o noso concello foi un dos mais implicados na retirada de niños xa que desde abril do pasado ano foron retirados polo Servizo Municipal de Protección Civil un total de 509 niños.

Guías de trampeo
Para que o trampeo sexa eficaz é importante facelo por todo o territorio do concello, colocando as trampas en sitios específicos. Recomendase que tamén o fagan os titulares de explotacións agrogandeiras principalmente apícolas e de froitocultura co fin de minimizar os danos producidos nas colmeas, frutaís e outros cultivos. O Servizo Municipal de Protección Civil comenzará a instalar trampas por diversos puntos do concello para tratar de capturar as raiñas co fin de evitar que creen niños de cara o verán. As trampas consisten nuns recipientes plásticos aos que se lle engade un líquido concentrado que atrae as vespas e non a outros insectos, estas entran na trampa e morren afogadas. Ditas trampas serán colocadas en zonas do casco urbán onde é mais frecuente a presencia de persoas e tamén se colocarán onde o ano pasado foi máis frecuente a retirada de niños. As memas serán revisadas con regularidade para controlar a cantidade de raíñas capturadas. Pregan ós veciños que revisen os galpóns, garaxes e aleiros de tellados que son os lugares habituais donde crean os niños as raiñas. Para a retirada dos niños recomendase avisar o Servizo de Protección Civil no teléfono 981881267.Novas relacionadas
- Novembro 17: Medio centenar de veciños de Malpica aprenderon os trucos para combater a avespa velutina.
- Novembro 17: Malpica colle o relevo de Santa Comba na loita informativa contra a avespa velutina.
- O servizo de control de pragas de Carballo retirou 380 niños de vespa velutina no que vai de ano.
- A loita contra a avespa velutina xa enche ata os auditorios
- Os voluntarios de Protección Civil de Malpica retirou medio centenar de avespa velutina.
- O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo elimina 118 niños de avespa velutina nun mes.
- “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.
- Agosto 2017: Santa Comba recibe un novo traxe para loitar contra a avespa velutina.
- Maio 2017: Santa Comba aposta polas trampas contra a avespa velutina.
- Marzo 2017: Carballo probou a innovadora trampa de Ernesto Astis para a avespa velutina.
- Xaneiro 2017: Un Modesto repaso aos costumes avespa velutina.
- Xullo 2016: Cee contra as avespas e abellas.
- Outubro 2015: Avespa velutina: Aprendendo a convivir co inimigo.
- Agosto 2015: Outro verán de avespa asiática na Costa da Morte.
- Agosto 14: A avespa asiática chega a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected])