venres. 23.05.2025
El tiempo

Santa Comba oficia o seu primeiro "bautizo civil"

Santa Comba oficia o seu primeiro "bautizo civil"
O alcalde de Santa Comba, Antonio Ucha, oficiou a cerimonia celebrada o pasado sábado O alcalde de Santa Comba, Antonio Ucha, oficiou a cerimonia celebrada o pasado sábado "Bautizo" e "civil" son dúas palabras que non gardan moita relación no diccionario da lingua galega. Por iso, o alcalde de Santa Comba, Antonio Ucha Velo, prefiere mostrarse cauto á hora dicir que o pasado sábado oficiou a "primeira cerimonia de imposición do nome". E a ocasión ben merecía celebrarse no Salón Noble do pazo de Santiso. "Foi un acto meramente formal da presentación oficial dunha persoa aos veciños que compromete aos pais e titores a protexer e criar ao menor baixo os principios de igualdade, respecto e liberdade" indica Ucha. Máis aló da polémica o acto foi toda unha experiencia tanto para o alcalde como para os pais da criatura que, ainda que teñen vivenda en Santa Comba, residen en Suiza. Zeltia Chouza Suárez, nacida en novembro do 2015, estivo moi tranquila durante toda a cerimonia. Non sabemos se foi por ser a primeira protagonista dun "bautizo" deste tipo en Santa Comba ou pola canción que escolleu o rexidor para amenizar o evento ("Maravillosa Criatura" de Sergio Dalma). Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
         

Comentarios