Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Seca: Declaran prealerta por escaseza de auga na bacía do Anllóns

A vila ceense de Lires tamén ten problemas de abastecemento
Zona do Rio anllons preto de Ponteceso
Zona do Río Anllóns preto de Ponteceso
Seca: Declaran prealerta por escaseza de auga na bacía do Anllóns

Era visto que tal e como levamos o verán, ían comezar a chegar problemas co abastecemento de auga. O mes de xullo foi moi seco e as previsións para agosto manifestan falta de precipitacións. Os caudais circulantes rexistraron no mes de xullo valores inferiores aos habituais para esta época do ano, un 34,4% por debaixo, da media dos últimos dez anos. Por exemplo, o encoro da Fervenza está ao 50% de ocupación.

Así, está habendo problemas na vila ceense de Lires, chea por verán, e así acontece na cunca do río Anllóns, ata o punto de que a Xunta estende a prealerta por escaseza de Auga á bacía do río Anllóns, polo “drástico descenso de caudais no último mes”.

Evitar usos innecesarios da auga

A Xunta continúa reiterando o chamamento ao consumo responsable da auga, evitando usos innecesarios, para garantir o abastecemento e o mantemento do caudal ecolóxico. Piden restrición de regas, evitar o lavado innecesario dos coches, limitar o enchido das piscinas ou reutilizar esa auga para outros usos, entre outras.

Problemas en Lires

Enviaba onte a Comisión de Augas de Lires unha misiva a toda a veciñanza alertando da escaseza de auga na vila. O Concello está reenchendo de xeito puntual o "aljibe", que está en mínimos. A Comunidade pide uso responsable da auga quedando restrinxido o uso da auga para regos, piscinas, lavado de vehículos...

Comentarios