xoves. 14.11.2024
El tiempo

Que é o seguro das comunidades? Que cubre?

Que é o seguro das comunidades? Que cubre?

Existen algunhas fronteiras que ás veces e preferible non tocar, pero hoxe vimos a tratar o tema dos seguros das comunidades contra os seguros de fogar.

Antes de nada, convén explicar a diferencia entre os seguros de comunidades de veciños e os seguros de fogar e que cubre cada un.

O seguro de Fogar asegura o contenido da túa casa. É dicir, cubre todolos desperfectos que poidan causar unha fuga de auga, un incendio ou un roubo, entre otros danos, no interior da túa casa. Por exemplo, entran a roubar e rompen a fiestra, levanse a tele e un ordenador; o teu fillo rompe a mesa do comedor cunha pelota. Nestos casos, o seguro cubrirá os gastos dos inmuebles.

En cambio, o seguro das comunidades garantiza as zonas comúns do inmueble dunha comunidade de veciños: os danos materiais no edificio (escaleiras, fachadas…), roubos na comunidade ou accidentes de empregados.

Según “Estamos Seguros”, no 2019 o seguro dedicou 496 millons de € a resolver problemas nas comunidades de veciños. Os danos por auga foron os que máis quebradeiros de cabeza deron ás comunidades de veciños en España: máis de 854.000 incidentes cubertos polos seguros. Séguenlle os danos provocados polos fenómenos atmosféricos, sucesos de responsabilidade, rotura de cristais e danos eléctricos. Un dato curioso e que cada sete minutos rompese un cristal nalguha comunidade do país.

Por outro lado, cabe destacar que as provincias de España con maior número de percances nas comunidades de veciños son Madrid, Barcelona e Valencia.

As principais coberturas que cubren os seguros das comunidades son:

  • Responsabilidade civil: que cubre os accidentes nas zoas comuns e perxuicios que poidan ocasionar a alguen. Por exemplo, a caída dunha tella sobre un vehículo.
  • Danos materiais: si se produce un incendio, unha explosión ou un fenómeno atmosférico, como raios ou chuvias torrenciais, o seguro cubrirá os danos causados. Isto inclúe roturas de cristais, escalons, canalons do tellado…
  • Danos por auga: goteiras, filtracións ou condutos obstruidos, tamén o cubre o seguro.
  • Asistencia 24h: e un servicio de asistencia comunitaria os 365 días do ano.
  • Servicio de prevención de pragas: moitas aseguradoras ofrecen un servicio completo para tratar e previr a proliferación de pragas de cascudas, polillas, etc., dentro da comunidade.
  • Roubos e vandalismo nas zonas comúns: o seguro cubre a sustitución de chaves e cerraduras e a indemnización de obxetos e documentos roubados.

De todos modos, os seguros das comunidades tamén inclúen outro tipo de coberturas opcionais como recompoñer a estética do edificio, asegurar os vehículos aparcados no garaxe, ou incluso, defensa xurídica e asesoramiento legal.

Actualmente, o seguro das comunidades somente é obrigatorio en Madrid e Valencia. De todos modos, en calquera comunidade veciñal o ideal e complementar os seguros de fogar de cada vivienda cun de comunidades.

O seguro das comunidades de veciños serve principalmente para os “porsiacaso”, porque mellor previr que curar. Así que, antes de nada, mellor contar con un mediador de seguros que se encargue de estudiar os riscos que poda ter a túa comunidade e poda ofrecer o mellor seguro que se adapte as túas necesidades concretas, según as circunstancias do inmoble (antigüedade, tamaño, estado de conservación, instalacions…). Deste xeito, se tes algún problema, o seguro asumirá os gastos destes posibles accidentes.

 

Outros artigos sobre seguros de Roberto Mouro

Comentarios