Martes. 17.09.2024
El tiempo

Senda Nova organiza un obradoiro de observación e convivencia en Carballo

Senda Nova organiza un obradoiro de observación e convivencia en Carballo
Os amantes da natureza teñen unha nova cita a vindeira semana en Carballo. I e que a organización ecoloxista Senda Nova xa abriu o prazo de inscripción para o "Obradoiro de observación e convivencia" que terá lugar o venres e o sábado, 19 e 20 xuño, e que está destinado a nenos e nenas de entre 7 e 14 anos. Esta actividade, cun número de prazas limitado, é gratuita. Os interesados/as poden inscribirse antes do xoves 18 de xuño no número de teléfono 636.326.083 ou en [email protected] Este obradoiro é a última actividade do programa Semanas de Natureza e Paisaxe que vse desenvolve dende o mes de abril. A última acción realizada foron unhas xornadas de "Iniciación á fotografía paisaxística" impartida por Patricia Mosquera. Ao longo da mañá do sábado, os participantes asistiron a unhas sesións teóricas no Pazo da Cultura de Carballo. Aquí, puideron darlle "un uso en modo manual en lugar de automático" aos ditintos dispositivos (cámaras de fotos rélex, compacta, móbiles,...). Verdes O curso tamén incluía unha visita á exposición permante de fotografía que se atopa no primeiro andar do Pazo da Cultura carballés. A sesión máis atractiva da actividade tivo lugar o domingo, onde os alumnos se desprazaron ata o espazo natural de Verdes para poder practicar directamente cos múltiples elementos naturais alí están presentes. Aquí, puideron poñer en práctica todo o aprendido durante o obradoiro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios