Senda Nova presenta a súa revista "Abrindo Camiño"
08:07 13/07/17
A revista presentouse esta semana no Espazo da Natureza de Oza
A Costa da Morte conta xa cunha nova publicación que recolle todas as actividades das principais asociacións e outros colectivos da bisbarra. "Abrindo Camiño" é a nova revista editada pola entidade ecoloxista Senda Nova. A presentación da nova publicación tivo lugar o pasado martes no Espazo da Natureza de Oza.
A revista recolle tamén artigos de ecoloxía e patrimonio, así como espazos para difundir o movemento asociativo, fotografías... pretendendo mostrar, sobre todo, o traballo voluntario a carón das entidades do ural e contribuíndo á potenciación do mesmo. A publicación é autofinanciada por Senda Nova coa axuda do pequeno comercio da bisbarra esperando que este primeiro número teña continuidade.
Nos próximos días, a revista poderse recoller de forma gratuita en distintos establementos colaboradores e tamén se publicará unha versión dixital na web de Senda Nova. Os puntos de distribución da revista son O Patacón, La Bombonera, Óptica Gallaecia ( Culleredo), supermercado As Labradas, froitería do Xardín, colectivo Xebre, Paddington School of English e o Espazo da Natureza de Oza.
Abrindo Camiño é o no nome das xornadas organizadas por Senda Nova para celebrar o 10º aniversario da asociación, e que xuntaron unha morea de entidades coas que estos dez anos compartiron vivencias.
Máis información
Novas relacionadas
- Camiñando pola mesta néboa de Pico de Meda
- Senda Nova pecha a quinta edición da súa Escola Ambiental
- Aquelarre de San Xoán no Verán ao natural de Senda Nova
- 180 km de corredoiras para facer historia na Primavera en Ruta de Senda Nova.
- Senda Nova descubre a ruta das mámoas de Cabana.
- A Primavera en Ruta, o programa máis antigo de Senda Nova, tamén homenaxeará a Pondal
- Máis de 1500 persoas participan nas distintas actividades do Inverno Ancestral de Senda Nova.
- 30 nenos coñecen de preto a natureza na Escola Ambiental de Senda Nova.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
- Senda Nova.