Venres. 26.04.2024
El tiempo

Sogama destaca o IES Pedras da Aguia como un referente en materia ambiental

Sogama destaca o IES Pedras da Aguia como un referente en materia ambiental
O IES Pedra da Aguia exemplo para SOGAMA

Que boa nova chega dende Sogama. Que a empresa máis importante de recollida de lixo de toda Galicia destaque a labor en materia mediambiental e de reciclaxe dun centro costeiro, é un auténtico orgullo.

O importante que é un grupo de mestres involucrados, tanto a nivel de concienciación como en compromiso coa boa educación. Entre ellas, a rofesora coordinadora, Ana Belén Ignacio Veiga, por suposto, o nexo entre os alumnos e o programa educativo “Recíclate con Sogama” 2014-2015.

Pero os grandes protagonistas son os propios alumnos, que van contado as súas accións a través do blog reciclamoseparando.blogspot.com. Aí deixan constancia das súas preocupacións en torno á correcta xestión do lixo, dando a coñecer as actividades máis destacadas enmarcadas no proxecto “Reciclamos separando”. Unha das ideas claves: a importancia que ten a segregación dos refugallos en orixe para facilitar a súa posterior recuperación, depositando cada tipo de material no contedor correspondente.

Contaron aí co apoio de SOGAMA, que lles levou ao centro unha illa de reciclaxe conformada por tres contedores de cores (amarelo, azul e verde) nos que a comunidade educativa debe depositar os diferentes desperdicios xerados; envases lixeiros (envases de plástico, latas e briks), papel e cartón, e fracción resto.

Sensibilizando e coñecendo de primeira man

De xeito paralelo, os alumnos tamén realizan campañas de sensibilización. Crearon un mini punto limpo, que ubicaron na entrada do centro, para efectuar a recollida de cartuchos de tinta, tapóns e pilas.
Convocaron un concurso de fotografía sobre os tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), a través do cal anímase ao alumnado a participar no mesmo, inmortalizando as boas prácticas vinculadas á xestión do lixo.
E mesmo idearon unha enquisa, que primeiro elaboraron en soporte papel, pasándoa agora a formato en liña, sobre os bos hábitos na materia e que subministrarán ao conxunto dos escolares do centro, profesorado e persoal non docente.

Ademais de separar, separar e separar, este ano xa fixeron unha excursión ao centro de Sogama en Cerceda e visitaron algunha das familias cos novos composteiros caseiros, que reducen ata un 40% os refugallos orgánicos, creando ademais abono para as súas leiras.

Un 10 para a mocidade da Ponte do Porto.

Novas relacionadas

Comentarios