Mércores. 17.04.2024
El tiempo

As Costas da Morte en FITUR (V): A Ruta do Xallas e a MZ, e Solpor tamén estiveron en FITUR

Expedicion de Mazaricos no FITUR 2020
Expedicion de Mazaricos no FITUR 2020
As Costas da Morte en FITUR (V): A Ruta do Xallas e a MZ, e Solpor tamén estiveron en FITUR

Faltábanos varias aparicións singulares da Costa da Morte na FITUR, comon son as do Concello de Mazaricos e a da Asociación Solpor.

O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco Riveiro e os concelleiros de Cultura e Turismo, Sandra Alvite e Jorge Sanmartín promocionaron os recursos paisaxísticos de Mazaricos a través da ruta do Xallas. Nesta edición tamén aproveitaron para coñecer recursos tecnolóxicos que poderían aportan valor e comodidade ao rural.
Para Blanco é “moi importante” aproveitar a “plataforma que é FITUR” para “difundir as novidades en canto a turismo e patrimonio sobre as que se traballa nos concellos”.

Por iso, rexedor e concelleiros mantiveron xuntanzas con turoperadores para expoñerlles o ambicioso proxecto da Ruta do Xallas, que comezará este 2020. Para esta tarefa contaron cunha presentación audiovisual que desenvolvía a ruta con voz en off e imaxes dos lugares emblemáticos da ruta: a área do Fieiro, Arcos, a fervenza da Noveira, o miradoiro de Enxilde, a devesa de Anllares, Colúns, o miradoido de Corzón, a necrópole de Pedras Miúdas, o encoro da Fervenza, a Ponteolveira, etc.

Reunions con Touroperadores na FITUR
As reunións con Touroperadores son unha das patas máis improtantes da FITUR

Solpor co Camiño

Tampouco faltou Asociación Solpor, promocionando o Camiño Fisterra-Muxía:

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Solpor está presente en Fitur 2020 #asociacionsolpor #costadamorte #caminofisterra #caminomuxia #credencialsolpor

A post shared by Asociacion Solpor (@asociacion_solpor) on

FITUR 2020

Máis crónicas da FITUR

Comentarios