Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Solpor reafírmase como punto de encontro do sector hostaleiro en tempos de crise

x
Asociacion Solpor Camino Fisterra-Muxia
Solpor reafírmase como punto de encontro do sector hostaleiro en tempos de crise

Aínda é cedo para facer predicións, pero o sector turístico vai necesitando datas, e información, para saber como se vai desenvolver a chamada “desescalada”. Son moitos os empresarios desamparados, os que estaban empezando, os que vivían ao día… que necesitan información de primeira man para coñecer como se afrontar a temporada de verán.

As porcentaxes permitidas de ocupación, as medidas de protección que deben tomar os establecimentos, as datas…

Por iso, moitos están solicitando a súa alta na Asociación Solpor, a entidade mellor posicionada de todos os Camiño, que ademais, a través do Cluster, consegue estar presente en importantes reunións coas administracións para ir coñecendo como vai ir reabrindo a hostalería, a restauración e o sector hoteleiro.

A entidade, que leva traballando dende 2014 para promocionar e coidar o camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, conta con asociados 12 concellos polos que percorre esta ruta. Esta semana a entidade realizou a súa primeira reunión telemática, para ver como afronta a comarca estes novos retos. Unha cita na que estiveron presentes Jesús Picallo (Presidente), Alejandra Benlloch (Vicepresidenta), Sergio Picallo (Secretario), e os vogais Sonia Fábregas, Antonio Lema, Jesús Puñal, Pilar Trillo, José Antonio Bieito, Sol Rodríguez e Jesús Capeáns.

Unha das principais decisións adoptadas foi a suspensión de cotas para o 2020 (unha decisión complicada porque estas asociacións teñen as cotas como unha das únicas vías de financiamento).

Tamén se vai entregar a todos os socios un paquete de EPIs necesarios para afrontrar esta crise, ao tempo que a entidade comprometeuse a facer de guía no tocante a protocolos hixiénicos a adoptar no momento de abrir de novo os establecementos e búsquedade colaboración con proveedores que ofrezan estes produtos ou servizos.

De igual xeito, a entidade está a valorar se renunciar a subvención que estaba pendende de aprobar da Xunta para facer un acto semellante ao exitoso Mar de Gracias do ano pasado, unha vez que se sae adiante, a entidade tería que poñer un 20% do gasto total e considera que eses cartos estarán mellor empregados noutras cousas no momento actual.

Novas relacionadas

 

Comentarios