Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Stop Accidentes: "No 90% dos casos o conductor é o único responsable do seu comportamento"

Stop Accidentes: "No 90% dos casos o conductor é o único responsable do seu comportamento"
Jeanne Picard é a delegada da ONG Stop Accidentes en Galicia Jeanne Picard é a delegada da ONG Stop Accidentes en Galicia "Nestes momentos non hai palabras de consolo para as familias dos cinco falecidos nos últimos días na Costa da Morte", asegura Jeanne Picard, delegada de Stop Accidentes Galicia e unha das fundadoras desta ONG que ten como obxectivo concienciar á poboación, á clase política e á xudicial para loitar contra a delincuencia vial ademais de ofrecer axuda ás vitimas de accidentes de tráfico. Ademais, Jeanne Picard é unha nai coraxe que viu como o seu fillo perdía a vida nun fatídico sinistro.
  • QPC: ¿É froito da causualidade que en pouco máis dunha semana falecesen cinco persoas nas estradas da Costa da Morte e se rexistrasen varios atropelos?
Non, aquí o factor casualidade non existe. Non nos gusta oír que a choiva ou o mal tempo foi a causa do accidente xa que no 90% dos casos o conductor é o único responsable do seu comportamento. Ben é certo que as carreteras están en mal estado, que o pavimento está esvaradizo, que os arcéns son demasiados estreitos,... mais a maior parte dos conductores seguen conducindo como se nada, sen ser conscientes do risco que iso supón.
  • QPC: Entón, ¿hai pouca consciencia do risco?
Si. Ese é a principal causa dos accidentes. Mentres a sociedade non asimile o risco que supón conducir baixo os efectos do alcohol ou das drogas, a unha velocidade elevada ou nunha carretera esvaradiza non desaparecerán os accidentes de tráfico. Ainda así afortunadamente as vítimas mortais reducíronse gracias ás campañas de concienciación realizadas. Por este motivo, dende Stop Accidentes consideramos que hai moito traballo por facer.
  • QPC: Moitas desas campañas de concienciación veñen acompañadas de sancións...
Enfádanos oir protestar a un conducto porque lle puxeron unha sanción por exceso de velocidade ou por conducir baixo os efectos do alcohol. Cando o correcto sería darlle as gracias ás autoridades por evitar un accidente.
  • QPC: ¿Hai moito traballo de educación vial por facer na Costa da Morte?
Imos en varias ocasións a centros educativos de Carballo, Zas, Corcubión... e a resposta por parte do alumnado é boa. Pero a educación vial segue sendo unha asignatura transversal cando debería de ser obrigatoria porque nas escolas están os futuros conductores. Dende Stop Accidentes intentamos concienciar vialmente ao maior número de poboación posible, pero como somos unha ONG con recursos económicos limitados. 
  • QPC: ¿Hai algún grupo de idade no que sexa máis difícil facer educación vial?
Si, os adultos porque non ven o risco. Os conductores máis veteranos, no que se inclúen pais e avós, pensan que o saben todo e non son conscientes do risco que corren. Aseguran que coñecen as estradas polas que viaxan diariamente pero non se dan conta de que o tráfico incrementouse e que, por ende, hai moitos máis factores de risco. 
  • QPC: Entón, as charlas hainas que facer nos colexios e tamén en centros culturais ou cívicos.
Por suposto. O triste é que para conseguir que os conductores experimentados acudan a unha actividade tes que incentivalos cun regalo. Unha vez que están alí danse de conta das imprudencias que cometen.
  • QPC: ¿Que poden facer os concellos para frear os accidentes de tráfico?
Facelos visibles. Igual que se manifestan cando hai unha víctima da violencia de xénero deberían de manifertase polas víctimas viales. Cando un problema se fai visible a concienciación da poboación aumenta.  

Novas relacionadas

Accidentes 2016-2015

Fonte

Comentarios