Suso Lista leva a súa conferencia sobre Nerigha á Coruña
09:57 03/05/22
Publicaba hai un par de semanas en QPC un completísimo artigo sobre a posible ubicación do Promontorium Nerium na Punta Nariga. Ou Nerigha. E para explicar mellor aínda a súa tese, o actor, escritor e polifacético Suso Lista vai realizar unha conferencia na Coruña.
A activa Asociación de Amigos dos Museos de Galicia (que hai pouco acollía a charla de Víctor Castiñeira sobre Domingo Antonio de Andrade), acolle este xoves 5 de maio ás 20:00h no seu local das Portas Ártabras (na cidade vella da Coruña), a charla “Nerigha: onde ceo, terra e mar se xuntan”. Unha ocasión inmellorable para compartir dúbidas e resolver enigmas.