Venres. 29.03.2024
El tiempo

“O Promontorio Nerium é Nariga”

Solpor no faro-nariga-Foto-Shuttershok para espanafascinante
Solpor dende Punta Nariga-Foto-Shuttershok para espanafascinante
“O Promontorio Nerium é Nariga”

”É o descubrimento do milenio”. Así de efusivo amósase Suso Lista, que tras anos de pesquisas e investigacións vén de concluir que o Promontorio Nerium realmente é Punta Nariga, ou Nerigha, como dicimos. É un dos poucos puntos de toda Europa, onde durante o solsticio de verán (xusto estes días entre o 20 e o 22) pódese o mencer e o solpor ambos sobre o mar. Este efecto é o que convirte Nariga en Nerium”, explica.

Máis alá das conclusións, varios expertos sinalan que hai que ter prudencia, tendo en conta que os textos clásicos son interpretables. Pero consideran moi interesante o feito de que no solsticio entre o sol pola canle das illas Sisargas. Ademais, apuntan que se está traballando en asuntos arqueolóxicos de importancia (hai ata 50 puntos de interese entre mámoas…) o que podería revertir nunha ruta e mesmo no aproveitamento do Faro como continente dun posible museo.

”Aras sestianas

Para Suso Lista a cousa vai moito máis lonxe, considerando que o achádego dá un envorco a 2.000 anos de historia. Considera que as illas Sisargas son as “aras sestianas”, sinalando como dicía Xelucho Abella que o nome vén de “Cesáricas”, a quen estabas ofrecidas. “Tanto Mela, Plinio, Estrabón ou Ptolomeo estaban acertados, o resto do mundo que situaron o Promontorio Nerium en Fisterra estaba errados”, apunta.

”Esto pode abrir moitas portas”, anuncia, sinalando que nas Sisagras podería comezar o Cantábrico, o mar por onde nace o sol, e considerando que “o único límite que marca o fin do mundo pode ser o sol”.

Representacion sobre como nace o sol no solsticio dende Punta Nariga
Representación sobre como nace o sol, polo mar, no solsticio dende Punta Nariga

Saídas

Esta fin de semana, dende o venres 19 ata o luns 21, coincidindo co efecto, vanse realizar unha serie de saídas fotográficas, con fotógrafos experimentados, para documentar o doble momento.

Comentarios