![feliciano-baio]()
Esta tarde, a partires das 20:15 horas, temos unha cita co teatro galego no baixo da
Vivenda Comunitaria de Santa Comba. Fran Rei e Pedro Brandariz traen ó esceario o espectáculo
Feliciano; interpretada polos populares personaxes
O Gordo e
O Calvo que cada venres actúan no programa Luar da TVG.
O Servizo de Normalización Lingüística do
Concello de Santa Comba é o encargado de organizar o evento apto
para todos os público.
Feliciano, un espectáculo cargado de humor, tratará con retranca sobre as festas do Nadal a través de diferentes situacións cómicas e co espíritu clown que caracteriza a estes dous actores. Ao longo desta aloucada comedia, o público poderá atopas esceas que a miúdo soemos vivir nestas datas navideñas dende o punto de vista cómico.
Rastrillo solidario
E mañá, sábado 3 de xaneiro, tamén teremos máis actividades por Santa Comba. O
BM Xallas organiza o
2º rastrillo solidario na feira da vila (sempre e cando o tempo o permita). Todas as persoas que queiran participar poden achegarse ata o recinto feiral con alimentos, xoguetes, libros, productos para a hixiene persoal, etc.
Todo o que se recuade no rastrillo doarase a
Cáritas de Santa Comba para que o distrubúan entre os veciños que máis o necesiten.
¡Unha vez máis, demostremos que somos solidarios!