Xoves. 12.12.2019
El tiempo

O Teatro enche os auditorios

Por unha programación continua máis habitual nos concellos da comarca
Teatro cheo en Ponteceso
Teatro cheo en Ponteceso
O Teatro enche os auditorios

É o outono tempo de teatro, e así o constata o feito de que durante esta fin de semana estiveron activos 5 programas municipais, como podemos comprobar na Axenda Costa da Morte. Carnota, Santa Comba, Vimianzo, Ponteceso e Malpica viviron sendas sesións teatrais con cheos que demostran a necesidade de establecer unha programación continua máis potente.

Compañías como Señora Supina, Contraproducións, Producións Excénticas ou Rendrum Teatro encheron os auditorios, e deixaron un gran sabor de boca nos centos de asistentes.

Unha invitación para que, por exemplo, o Concello de Malpica prepare, para celebrar os 15 anos de Mostra, un ciclo de espectáculos nos comercios e establecementos hostaleiros da vila.

Cheo na Mostra de Teatro de Malpica
Cheo en Malpica

 

Todos os eventos culturais na Axenda Costa da Morte

Comentarios