Todas Nós, nace o Punto de encontro das mulleres profesionais da Costa da Morte
Nace, dende a necesidade de crear un espazo de visibilización e crecimiento personal e profesional, colaboración e rede de apoios entre mulleres da Costa da Morte, o proxecto Todas Nós. Nace da man de Patricia Vaquero, socióloga de Nós Igualdade, que coñecimos de preto durante os #DirectosQPC realizados sobre a situación da Muller, coa intención de “poñer en valor o papel fundamental das mulleres profesionais no desenvolvemento do medio rural”.
”O noso obxectivo é xerar un impacto positivo no rural, no nomeamento e visibilización do aporte profesional das mulleres. Crear redes, comunidade, colaboración”, explica Patricia Vaquero.
”Todas Nós” baséase nun directorio de mulleres emprendedoras e profesionais que naceran ou vivan nalgún concello da Costa da Morte. Mulleres de calquera sector que teñan máis de 5 anos de experiencia profesional, que poderán sumarse a este proxecto de xeito gratuito.
Pero a idea vai máis alá dun directorio, senón que detrás está un programa chamado “Incubadora”, destinada á mulleres mozas. “Pareceunos importante crear un espazo para facer visibles a todas esas mozas que están recen graduadas ou con menos de 5 anos de experiencia profesional, para que poidan compartir as súas vivencias, expectativas, formacións e proxectos profesionais e así poder xerar mais conciencia e realidade sobre as súas carreiras profesionais”, explica Vaquero.
Deste xeito, se queres sumarte a esta iniciativa, podes contactar con [email protected] ou cubrir este formulario online.