Traballadores da construción fórmanse en restauración e illamento
Nunca está de máis algo de formación directa en materia de formación. E así o entenderon uns 30 traballadores da construción (empresarios e autónomos na súa meirande parte) que asistiron moi interesados ás Xornadas de formativas para profesionais que artellaron Mapei e Suministros Lar o pasado xoves na Casa de Trillo, en Santa Mariña, Muxía.
Unhas xornadas moi específicas, para informar sobre boas solucións para a restauración de edificios e sistemas de illamento térmico polo exterior. Do mesmo xeito que sucedeu o ano pasado, as xornadas foron un éxito, contando cunha gran aforamento de profesionais preocupados por innovar e continuar a súa reciclaxe profesional.
O relatorio foi impartida por D. Carlos Rodríguez, Delegado da marca Mapei e o seu equipo técnico, e auxiliada polo persoal de Suministros Lar.
un aforro enerxético e económico, así como unha diminución das emisións de gases contaminantes.
A xornada técnica é unha oportunidade inigualable de intercambio de opinións e consultas para todos os implicados nos procesos de rehabilitación sostible de edificación.
Novas relacionadas
- Novo curso de formación de profesionais en Lar
- O Concurso de Murais de Lar rescatou os Fondos Mariños.
Fonte
- Nota de prensa de Suministros Lar.