domingo. 01.12.2024
El tiempo

#FERROATLÁNTICA

Traballadores de Ferroatlántica viaxaron a Madrid á manifestación polo estatuto da Industria Electrointensiva

Manifestación industria electrointensiva Madrid
Unha expedición de Ferroatlantica marchou da Costa da Morte ata Madrid para a concentración en defensa da Industria Electrointensiva
Traballadores de Ferroatlántica viaxaron a Madrid á manifestación polo estatuto da Industria Electrointensiva

Un grupo de traballadores de Ferroatlántica de Cee e Dumbría asistiron esta mañá en Madrid a unha manifestación, convocada por UGT e CCOO en defensa da Industria Electrointensiva. Baixo o lema “Salvemos a Industria”, centos de traballadores chegados de toda España esixiron ao goberno estatal sacar adiante o novo estatuto para dar estabilidade ás industrias, e polo tanto, aos traballadores.

Lamentan as “mentiras” e os “atrasos” nas posta en macha do estatuto, necesario para crear un marco estable, e para darlle visibilidade fixeron unha marcha entre o Ministerio de Industria e o de Transición Ecolóxica, cunha concentración final ás portas do Congreso, onde un grupo de representantes mantiveron reunión cos disferentes partidos políticos aos que lle pediron un pacto de estado en defensa da Industria.

"Nas próximas datas"

Reunion en Industria cos sidicatos

Na reunión cos sindicatos, o secretario xeral de Industria, Raül Branco, quixo certifica "o compromiso inequívoco do Goberno de aprobar o Estatuto Electrointensivo nas próximas datas". "O Estatuto dos Consumidores Electrointensivos atópase actualmente pendente de trámites na Unión Europea e na Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, pero somos optimistas", confirmou Branco. Nese sentido, explicou que o texto "unha vez apróbeo o Goberno, irá ao Congreso. Esperamos que haxa consenso parlamentario", subliñou á vez que reclamaba ao resto de grupos que se impliquen co tecido industrial.

Novas relacionadas

Comentarios