Venres. 26.04.2024
El tiempo

Traballarnacosta, o Infojobs da Costa da Morte

Traballarnacosta, o Infojobs da Costa da Morte
Traballar na Costa Infojobs

Non lle damos o debido ao blog traballarnacosta.blogspot.com. Un blog que se convertiu nestes últimos 4 anos no verdadeiro Infojobs da Costa da Morte.

O caso é que un busca ofertas de traballo na Costa da Morte no portal de emprego máis coñecido do mundo e apenas atopa un par delas actualizadas arredor de Carballo. Pero do resto… "No hemos encontrado ofertas para esa búsqueda"

Ante a falta dun espazo onde buscar tanto ofertas laborais como posibilidades formativas, Óscar e Karina púñanse en 2011 a recoller as ofertas que atopaban en páxinas municipais, redes sociais… Pouco a pouco foron convertíndose na referencia sobre esta información na zona e xa as empresas envían as súas ofertas a [email protected].

Óscar e karina son un gran exemplo do por que da revolución da internet, e de como os que eramos meros espectadores, os blogs e as redes sociais nos teñen convertido tamén en informadores. QPC é un gran exemplo, tendo en conta que o xornalismo cidadán é un dos seus alicerces.

Así, cando os seus traballos llo permiten, Óscar e Karina actualizan o blog porque, como eles din "Podemos crear un servicio que non nos dan dende o INEM nin dende os diferentes Concellos ou institucións públicas".

Gracias!!

Fonte

Comentarios