Mércores. 27.10.2021
El tiempo

Traballarnacosta: Unha fiestra aberta á demanda e oferta laboral

Traballarnacosta: Unha fiestra aberta á demanda e oferta laboral

O Paro segue a ser un dos problemas máis importantes para todos. E as iniciativas arredor da problemática laboral medra. Como o comprobamos cada día vendo como se afianza a proposta informativa en materia laboral do blog traballarnacosta.blogspot.com. Un blog desenvolto polo Karina Mouzo e Óscar Rodríguez, e que recolle todas as ofertas de formación e emprego na Costa da Morte.

A súa oferta segue medrando e nestas últimas datas vén de facer serias melloras, ademais de continuar convertíndose nun referente para todas as empresas da zona e para os demandantes de emprego.

Para empresas

Por unha banda sería interesante que as empresas desta zona sigan coñecendo o blog e enviaran as súas ofertas para que se publicasen, a través do formulario da páxina (http://traballarnacosta.blogspot.com/p/consellos.html) ou ben ao correo electrónico [email protected]
As empresas poden publicar de xeito gratuito as ofertas, sabendo que chegarían á xente desta zona.

Por outra banda veñen de abrir unha nova sección do blog (http://traballarnacosta.blogspot.com/p/traballar-en.html) dende a que "as empresas poden informar á xente que busca traballo sobre que requisitos soen pedir ós seus futuros traballadores, buscando así un nexo de unión entre o que buscan os empresarios e a formación e experiencia dos traballadores, de forma que estes últimos poidan orientar os seus esforzos tendo en conta o que buscan os empresarios daquí, e que os empresarios atopen na Costa da Morte o perfil que están buscando", explícanos a propia Karina.

Polo momento empresas como a Casa de Trillo xa teñen colaborado, e a súa entrada tivo moi boa acollida entre os seguidores do blog. Por iso, animamos a todas as empresas da zona a que utilicen este blog para informar, darse a coñecer e buscar traballadores da zona.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

comentarios