Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un incendio arrasa 26 ha no Cabo da Nave

Un incendio arrasa 26 ha no Cabo da Nave
https://www.facebook.com/783551036/posts/10157841327376037/ Esta mañá de domingo 13 de xaneiro a Costa volveu sufrir un incendio forestal, desta volta no concello de Fisterra, parroquia de San Martiño de Duio, que finalmente arrasaron con 26 hectáreas de monte raso e matogueira. A Xunta mobilizou medios terrestres e un helicóptero pero 0 #IFDuioFisterra (como o denominou @incendios085 da Xunta) non se extinguíu ata as 14:30. O incendio comezou ás 06,58 h. e, segundo as últimas estimacións. Na súa extinción traballaron 2 axentes, 2 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero. Gracias aos cortalumes o incendio non pasou á zona de San Martiño. Un incendio semellante acontecía o mes pasado en Touriñán. Fontes de seguridade valoran que son incendios intencionados. Pero a quen lle pode interesar queimar unha zona de Rede Natura así? Incendio no Cabi da Nave cara Mar de Fora Incendio xa en Mar de Fóra

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-bombeiros-sufocaron-sendos-incendios-dunha-vivenda-en-carballo-e-dun-local-en-cee/

Comentarios