Un incendio arrasa 26 ha no Cabo da Nave
07:44 14/01/19
https://www.facebook.com/783551036/posts/10157841327376037/
Esta mañá de domingo 13 de xaneiro a Costa volveu sufrir un incendio forestal, desta volta no concello de Fisterra, parroquia de San Martiño de Duio, que finalmente arrasaron con 26 hectáreas de monte raso e matogueira.
A Xunta mobilizou medios terrestres e un helicóptero pero 0 #IFDuioFisterra (como o denominou @incendios085 da Xunta) non se extinguíu ata as 14:30.
O incendio comezou ás 06,58 h. e, segundo as últimas estimacións. Na súa extinción traballaron 2 axentes, 2 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.
Gracias aos cortalumes o incendio non pasou á zona de San Martiño.
Un incendio semellante acontecía o mes pasado en Touriñán.
Fontes de seguridade valoran que son incendios intencionados. Pero a quen lle pode interesar queimar unha zona de Rede Natura así?
Incendio xa en Mar de Fóra