Un novo pao ao paro na Costa e no país

O Instituto Nacional de Estatística vén de publicar os Datos de enquisa da poboación activa. E, como cabía esperar, non son positivos. O incremento mensual en Galicia este outubro foi dun 4,6%, mentres que na media estatal foi do 1,37%. Vese que as cifras non son positivas a nivel nacional, xa que chegamos a unha cifra histórica de paro, con 375 persoas diarias inscritas no mes de novembro alcanzando os 253.416 parados/as en todo o país, un 9,3% máis que o mesmo mes do ano pasado.
Por sectores
Os datos son máis que preocupantes. O paro incrementouse en todos os sectores a nivel galego, pero os máis castigados foron Construción, un 5,9% fronte o 0,7% estatal; Industria o 4,5%, fronte o 0,6% estatal e en Servizos, co 4,3% fronte o 1,8% estatal.
Descenso de afiliacións
Só os Concellos de Laxe, Muxía, Zas e Mazaricos teñen máis afiliados neste trimestre que no anterior. Pero en total, houbo 630 afiliacións á seguridade menos que en xullo nos 15 concellos da bisbarra.

Datos trimestrais de afiliacións á Seguridade Social
2011/Xullo | 2011/Outubro | |||||
CONCELLO | Total | Homes | Mulleres | Total | Homes | Mulleres |
Cabana de Bergantiños | ||||||
Total | 1.669 | 918 | 751 | 1.675 | 927 | 748 |
Laxe | ||||||
Total | 1.095 | 629 | 466 | 1.071 | 618 | 453 |
Malpica | ||||||
Total | 2.214 | 1.182 | 1.032 | 2.157 | 1.146 | 1.011 |
Ponteceso | ||||||
Total | 2.033 | 1.153 | 880 | 1.992 | 1.115 | 877 |
Cee | ||||||
Total | 2.485 | 1.375 | 1.110 | 2.469 | 1.356 | 1.113 |
Corcubión | ||||||
Total | 553 | 306 | 247 | 544 | 304 | 240 |
Dumbría | ||||||
Total | 1.178 | 645 | 533 | 1.036 | 594 | 442 |
Fisterra | ||||||
Total | 1.366 | 759 | 607 | 1.296 | 733 | 563 |
Muxía | ||||||
Total | 1.621 | 914 | 707 | 1.624 | 925 | 699 |
Carnota | ||||||
Total | 1.302 | 664 | 638 | 1.235 | 632 | 603 |
Muros | ||||||
Total | 2.535 | 1.244 | 1.291 | 2.423 | 1.236 | 1.187 |
Camariñas | ||||||
Total | 1.805 | 1.004 | 801 | 1.750 | 988 | 762 |
Vimianzo | ||||||
Total | 2.652 | 1.496 | 1.156 | 2.590 | 1.476 | 1.114 |
Zas | ||||||
Total | 1.934 | 1.049 | 885 | 1.956 | 1.053 | 903 |
Mazaricos | ||||||
Total | 1.638 | 867 | 771 | 1.659 | 883 | 776 |
Novas relacionadas
- 45 insercións laborais en un ano cos cursos de formación da Xunta.
- Paro outubro 2011: Segue aumentando o paro en 11 Concellos da bisbarra.
- Paro Setembro 2011: Máis paro tralo verán.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Datos do IGE.