Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Segue aumentando o paro en 11 Concellos da bisbarra

Segue aumentando o paro en 11 Concellos da bisbarra

Novo desesperanzador balance do paro en Galicia. Este mes de outubro aumentou o paro en Galicia nun 4%, e nun 8% con respecto ao mes de outubro do ano pasado. As cifras seguen sendo malas, e se ben o paro baixou nos concellos de Cabana, Malpica e Muros, e se mantivo en Ponteceso, subiu seriamente nos outros 11 concellos da zona.

O informe mensual da Consellería de Traballo e Benenstar vén de contabilizar un total 13.267 parados nas 5 comarcas da bisbarra, 395 máis que o pasado mes.
Pero se collemos só os 15 concellos que tratamos na bisbarra, sen contar as industriais áreas do norte de Bergantiños, obtemos un total de 6.917 parados, 166 máis que en setembro.

Como atopar emprego na Costa?

Como medida para buscar emprego, adxuntamos este blog onde se recollen todas as ofertas de traballo e de formación da Costa da Morte:

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios