Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha Andaina Solidaria para reforestar con autóctonas… e para frear a caza do raposo

Unha Andaina Solidaria para reforestar con autóctonas… e para frear a caza do raposo
Vineta sobre a caza do raposo de Eres Curioso Viñeta sobre a caza do raposo de Eres Curioso Apenas quedan 3 días que os montes de Muros e Carnota reciban o XXIV “Campionato” Galego de Caza do raposo. Algo que sabemos a través das organizacións animalistas, porque as entidades convocantes non publicaron absolutamente nada na rede, e nin sequerea pediron permiso aos concellos. E iso que xa amosaron o seu total rexeitamento, primeiro foi o executivo de Carnota, e estes días tocoulle ao Concello de Muros, que lamentan que “non precisan permiso municipal, de aí que non o pedirán, pero é que nin siquera comunicaron que o ían facer, o que xa me parece o colmo”, valora a alcaldesa de CxG María Xosé Alfonso. Invitacion oficial ao Campionato de Caza do Raposo de Carnota Invitación oficial ao Campionato de Caza do Raposo de Carnota ”Non apoiamos ningunha actividade que supoña sufrimento nin matanza de animais. Non denegamos nada porque tampouco solicitaron nada ao concello de Muros. O único coñecemento oficial que temos deste campionato é un convite que nos enviou hoxe a Federación de caza e non imos ir”, explica Alfonso, ensinándoso unha invitación que pasa por ser o único documento oficial que corrobora a calebración do campionato nos terreos das Sociedades de Caza San Juan de Serres e Cinexética Carnotana. Ao seu carón sitúase o alcalde de Carnota, que como o seu grupo municipal e mais o BNG de Muros son dos poucos grupos políticos da comarca que manifestaron o seu claro rexeitamento. Tamén o fixeron a nivel galego os grupos parlamentarios de Podemos Galicia, Marea Atlántica y Compostela Aberta, e a loita contra a celebración deste “trofeo” está comezando a coller máis e máis apoios. Son moitos tamén os colectivos que pelexan contra estas “matanzas”. A Asociación Libera a nivel estatal, ou entidades locais como a Asociación Anajata, Boca de Sapo, ou A Asociación Monte Pindo Parque Natural, que queren desmarcase dunha práctica que consideran “nin ética, nin tradicional, nin democrática”. A entidade critica que os argumentos da Xunta para apoiar esta “masacre indiscriminada, gratuíta e inútil” se basean nun estudo científico que ten máis de 10 anos, realizado ademais polo que agora rexeita o posto de vicepresidente da Federación Galega de Caza. Anajata contra a caza do raposo Tamén anda Free Fox polo camiño, que vén de convocar concentración contra as matanzas de raposos para o domingo ás 12:00 no Obelisco da Coruña.

Andaina Solidaria

Pero sen dúbida, a iniciativa máis singular é a Senda Solidaria. A Andaina solidaria, que en principio naceu da man do Colectivo Senda como unha iniciativa ecoloxista para a reforestación dos bosques, remata unindo forzas ca causa animalista de "non á caza do raposo". Os convocantes seguen sumando colectivos e esperan que haia unha gran mobilización veciñal, porque gran parte da sociedade ve estas prácticas con repulsa. "Esta e as touradas son guerras que deberiamos ter xa gañadas", apuntan os organizadores, que invitan a toda a veciñanza comprometida da Costa da Morte a que saia o sábado ás 10:00h do punto de encontro muradán para percorrer os montes da zona. Xa podes aquí inscribirte na Senda Solidaria do 26 de xaneiro.  

Novas relacionadas

Comentarios