Venres. 03.12.2021
El tiempo

Unha asesoría xurídica externa para esquivar os informes negativos de Secretaría?

Unha asesoría xurídica externa para esquivar os informes negativos de Secretaría?
Os informes contrarios da Secretaria Municipal ás invencións dos dous alcaldes de Coristanco (os veciños entran no Concello para falar co “alcalde”, o teniente alcalde, o popular Pensado Plágaro, ou co “outro alcalde”, o rexedor actual Abraham Gerpe, do grupo mixto) están tendo repercusións graves. Gerpe abriu hai un par de semanas un expediente á secretaria municipal por falta leve, alegando que debido á súa labor hai numerosas notificacións pendentes, feito que provoca que a súa acción de goberno non se desenvolva do xeito adecuado. Algo que non causou demasiada sorpresa no concello despois das curiosas “providencias da alcaldía” (cartas internas que envía o alcalde aos membros do concello) nas que criticaba a súa labor.

Contratación irregular

A entrada en vigor o pasado 8 de novembro da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, provocou varios cambios substanciais, como as limitacións para realizar os contratos menores. A pesar diso, Gerpe aproveitou, a pesar do informe en contra de Secretaría para adxudicar “a dedo” o 7 de marzo o contrato de asistencia xurídica a Antas Hernández S.C.P. por importe de 21.417€, sen especificarse nada de en que consiste esa asistencia.

Non contou o alcalde con que  nova lei limita os contratos menores de servizos a 15.000 más IVA. Ademais establece que non poderán adxudicarse no mesmo exercicio presupuestario e a un mesmo empresario, por unha banda, contratos de obra cuxo valor estimado acumulado sexa superior 40.000,00.€ e, doutro, contratos menores doutra tipoloxgía cuxo valor estimado some 15.000,00.€. Así mesmo, debe xustificarse no expediente que non se está alterando o obxecto do contrato (por exemplo, fraccionándoo) para evitar ter que licitar o contrato por un dos procedementos ordinarios.

Expediente aberto

Dous dos grupos da oposición, BNG e En Marea únense estes días pedindo que se paralice o expediente e que se tome en consideración a posibilidade de expedientar ao propio concello pola iregular contratación dunha asesoría externa. Juan Carlos Abelenda, de En Marea Coristanco, sinala que “esta decisión non se toma como consecuencia do seu rendemento laboral, senón que se trata dunha decisión política coa que se pretende apartar á secretaria do seu cargo, xa que a súa presenza supón un atranco para poder levar a cabo as políticas clientelares que desexa practicar Abraham Gerpe e o seu goberno, debido a que considera que dende a súa labor non debe pasar por alto este tipo de accións”. Para Laura Mariño, do BNG, lamenta que “o novo Alcalde xa aprendera tan ben a lección do seu socio de goberno e ex alcalde, que hai catro anos actuaba do mesmo xeito, abríndolle expediente disciplinario a esta mesma persoa, chegando a suspendela de emprego”. Un expediente que acabou sendo arquivado. ”Na realidade, o que se vimos observando nos últimos meses é que o problema non radica nunha falta de asesoramento senón en que ao novo goberno non lle interesan as conclusións dos informes emitidos pola funcionaria que reiteradamente, veñen advertindo do incumprimento da lexislación e deixando constancia por escrito das posibles responsabilidades de que comete as infraccións, e que recordan aos informes da anterior lexislatura nos que se advertía ao agora tenente de Alcalde de que se podían estar cometendo delitos de prevaricación, entre outros”, denuncia. Mariño lembra: ”Se detrás da apertura do expediente do 2014 estaba a chamada Operación Pataca, pola cal nuns meses o actual tenente de Alcalde sentará no banco dos acusados cunha petición por parte da Fiscalía de 36 anos de inhabilitación e máis de catro anos de cárcere por falsidade documental, prevaricación e fraude en contratación pública, parece que o actual Alcalde vai polo mesmo camiño e ten a intención de apartar das súas funcións de asesoramento á funcionaria habilitada para iso, e unha boa mostra diso é a contratación externa dunha asesoría xurídica, malia recoñecer implicitamente que a secretaria municipal si está realizando informes, incluso máis dos que el solicita e entrando o Alcalde en contradición. Por un lado, vemos como por escrito lle recrimina á secretaria que faga informes de máis, que vostede como Alcalde non llos solicitou e incluso lle di: “emitir tres informes es inoperativo”, “me parece increíble que tenga tiempo para este tipo de informes que, reitero yo no solicité” (a secretaria pode e debe informar de oficio cando é necesario). E, por outro lado, di publicamente que necesita asesoramento externo”. Ademais denuncia que “nos parece que determinadas afirmacións por parte do Alcalde na providencia 674, de 16 de febreiro, rozan o abuso de autoridade e incluso a ameaza, xa que se lle está dicindo que non debe facer informes se o Alcalde non o manda, atrévese a xulgar a idoneidade ou non de facer informes e case a está acusando de perder o tempo no seu traballo “me parece increíble que tenga tiempo para este tipo de informes”. Sorprende que o Alcalde, que ten manifestado en varias ocasións a súa ignorancia sobre como funciona un municipio, sobre as funcións de cada funcionaria e sobre leis, agora de repente lle diga á secretaria que fai informes de máis e que perde o tempo nisto”, sinala. Por todo isto, ambos grupos piden que “se arquive o expediente aberto á secretaria municipal, que cesen as coaccións e ameazas veladas que se deixan entrever por parte do Alcalde, que non se empreguen esforzos e recursos públicos para intentar apartar do camiño a quen está advertindo das presuntas ilegalidades que se poidan estar cometendo, e que se opte por parte do actual goberno por solucionar realmente os problemas que actualmente lastran a xestión e a organización deste concello.”

Novas de Coristanco

Artigos relacionados

Fonte

comentarios