Unha documental “holística” sobre a Costa da Morte
Segue sumando adxectivos a nosa fabulosa bisbarra. O último chéganos dende México, xa que un grupo deste país, entre os que se atopaban responsables dunha operadora de turismo "holístico", visitou estes días Costa da Morte da man da Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte APTCM.
Visitaron, entre outros, Carnota, a fervenza do Ézaro, o Castelo de Vimianzo, Cabo Vilán, Muxía e Fisterra. E quedaron abraiados coa virxindade da nosa natureza.
O turismo "holístico" entende cada viaxe como unha travesía as esencias, como experiencias únicas en lugares e rutas totalmente máxicas. Así, dentro destes circuítos destacan a Ruta Inca, Exipto, Avalo – Stonehenge, (Inglaterra), Arxentina ou Chile, e por suposto, o Camiño de Santiago, concibido como un camiño, non so para chegar, senón mais ben para descubrir cara onde ir.
Durante a súa peregrinase, este grupo aproveitou a ocasión para rodar un documental sobre o Camiño e o seu final na Costa da Morte que será publicado en diversos medios latinoamericanos
Novas relacionadas
- A Cámara de Comercio da Coruña apoia a creación do Consorcio de Turismo.
- Non ao Museo subacuático da Costa da Morte.
- Un setembro a medias no sector hostaleiro da Costa da Morte.
- Unha Goleta bretona na augas do noso Finisterre.
- A impresión dun turista na Costa da Morte.
- Sae á rúa a guía da Ruta Costa da Morte.
- Entrevista con Manuel Gago: “O litoral da Costa ten propiedades hipnóticas”.
Fonte
- Nota de prensa da APTCM.