xoves. 01.05.2025
El tiempo

Unha nova capa de rodaxe para a estrada que une Coristanco e Santa Comba

Unha nova capa de rodaxe para a estrada que une Coristanco e Santa Comba
estrada-coristanco-sta-comba

Que falta fai engadir unha nova capa de rodaxe na moi utilizada estada que une Coristanco con Santa Comba. E parece que será unha realidade en breve, pois o Boletín Oficial da Provincia publicaba o pasado venres o anuncio de contratación, por un importe máximo de 389.771 euros, das obras de reparación do firme da estrada DP 2904.

O proxecto contempla melloras na capa de rodaxe entre os puntos quilométricos 10 e 15+800, mediante o estendido dunha mestura bituminosa en quente en todo o ancho da estrada. Previamente á execución destas obras, realizarase unha demolición puntual das zonas de aparcamento e a posterior reposición do firme cunha capa de mestura asfáltica en quente naquelas zonas nas que a capa de rodaxe actual presenta deterioracións, así coma a roza da maleza nas marxes da vía e a limpeza da totalidade das beiravías.

A Deputación financiará así mesmo a posta a punto dos sumidoiros, a reposición das marcas viais, o repintado dos pasos de peóns e outras sinalizacións que garantan a seguridade viaria.

Fonte

  • Deputación.

Comentarios