Unha trintena de establecimentos crean a Asociación Turismo Fisterra
Que importante, para toda a Costa da Morte, é ordear o sector turístico de Fisterra. Despois de varias intentonas fallidas no pasado, e varias xuntanzas nos últimas semanas cos empresarios turísticos, de constituírse unha xunta xestora para a creación dunha asociación da que eu formo parte, este pasado martes 5 de xuño de 2018, celebrábase no salón de actos do Concello de Fisterra a asemblea mediante a que se constituíu a “Asociación Turismo Fisterra”. Entidade que comeza a súa andadura con 23 socios e socias fundadoras que forman parte do empresariado fisterrán, representando case a unha trintena de establecementos turísticos de Fisterra.
Ademais puxéronse en contacto máis dunha decena de empresarios/as que non puideron asistir a asemblea de hoxe coa intención de asociarse.
Unha vez constituída a “Asociación Turismo Fisterra”, leváronse a cabo dúas decisións:
A primeira, a elección por parte dos asociados e asociadas da xunta directiva, quedando formada finalmente polas seguintes persoas:
- Presidente: Juan Marcos Traba.
- Vicepresidente: Fernando Carrillo.
- Secretaria: Leticia Romero.
- Vicesecretario: Manuel Canosa.
- Tesoureiro: José Ignacio Formoso.
- Vogais: María Elisa Quinteiro, Estrella Pérez, Sonia Fábregas, Juan Boullosa, Manuel Vieites e Pepe Formoso.
E a segunda decisión, acordada entre os asociados e asociadas, foi a contía da cota anual que quedou fixada en 150 €.
De aquí en diante calquera persoa do empresariado fisterrán que queira asociarse, pode facelo poñéndose en contacto coa asociación na seguinte conta de correo electrónico: [email protected], ou na páxina de Facebook da asociación https://www.facebook.com/turfisterra onde tamén se poderán consultar os estatutos definitivos.