Venres. 26.04.2024
El tiempo

Varios detidos como presuntos autores de varios roubos en supermercados e coches da Costa

Varios detidos como presuntos autores de varios roubos en supermercados e coches da Costa

A Garda Civil detivo esta semana a dúas persoas e investiou outros tres como presuntos autores de diferentes delitos de roubo e hurto na comarca Costa da Morte.

Un tratouse dun veciño de Santa Comba, como suposto autor de varios roubos en supermercados da localidade de Baio, Muxía e Santa Comba. O detido facíase pasar por un cluente, e aproveitaba o descoido dos traballadores para marcharse cos produtos subtraídos chegando a alcanzar estes un valor económico de máis de 1000euros.

Outro detido foi un veciño de Carballo, que xunto con outro investigado, son acusados de supostos roubos con forza en interior de vehículos nas localidades de Sada, Ézaro e O Pindo. Segundo as investigacións o home roubara máis 1000 euros e diferentes décimos de lotería.

Tamén procedeu á investigación doutros dous homes por un delito de roubo con forza no interior dunha vivenda en Fisterra. Os dous investigados vixiaban as vivendas, cando comprobaban que non se atopaba ningún morador no seu interior, accedían á mesma forzando a porta de entrada e subtraían os obxectos de valor.

Comentarios