Vía Inqueda invita a coñecer os bosques singulares da provincia de Lugo
A entidade Vía Inqueda lanza un novo programa de actividades co obxectivo de gozar da natureza de outono e inverno na natureza galega. Desta volta invita as masas autóctonas máis singulares da provincia de Lugo. “Lugares con encanto por onde aprender camiñando, facer grupo e gozar das paisaxes inigualables”, invita José Manuel Menéndez.
Porque “os bosques de outono e inverno, ofrecen ao camiñante a posibilidade de contrastes estimulantes. Diferencias de paisaxe en cada retorta e o ulido a humidade presente neste noroeste peninsular. Gardados do frío e coa compaña de sotobosques ricos en biodiversidade que esconden os segredos da fauna autóctonas.
E como a provincia de Lugo é un dos mellores destinos para gozar dos bosques en época de frío., organiza 4 saídas (entre o 15 de decembro e o 9 de febreiro) ao Bosque da Fervenza, o Aciñeiral de Cruzul, o Faial de Pintinidoira, e a Fraga da Marronda.