As Escola Ambiental de Senda Nova empeza a súa 13ª edición
10:44 03/12/24
Historia do activismo ecolóxico da Costa da Morte é xa a Escola Ambiental de Senda Nova. A entidade carballesa presentou esta pasada fin de semana a 13ª edición deste singular proxecto que conta co apoio do Concello de Carallo.
Medio centenar de rapaces e rapazas da comarca poderán achegarse á natureza dun xeito amable, coa idea de que quen coñece ben o medio, mellor o coidará. “O proxecto do que máis orgullosos/as estamos presentase con máis pulo e participación que nunca” sinala José Manuel Menéndez, que agradece o compromiso das familias que ano tras ano apostan por esta maneira de sementar futuro.
A Escola vai dirixida a nenas e nenos de entre 3º a 6º de primaria. Tendes Máis información en www.sendanova.org/escola-ambiental.