Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Vieiro lanza o programa "Regular (Te) Ben" dixirido aos adolescentes

asociacion-vieiro-programa-regular-te-ben
asociacion-vieiro-programa-regular-te-ben
Vieiro lanza o programa "Regular (Te) Ben" dixirido aos adolescentes

A Asociación Vieiro vén de poñer en marcha un novo programa de regulación emocional que baixo o título "Regular (Te) Ben" ten como obxectivo facilitar as ferramentas que permitan aos adolescentes aprender a xestionar as súas emocións, metas, esixencias,...

"Regular (Te) Ben" é un programa que se impartirá en distintos centros de ensino secundario e que consta de catro sesións -de 55 minutos cada unha cunha periodicidade semanal - nas que se traballa a ansiedade, a autoesixencia e a frustación. Está composto por actividades prácticas de regulación emocional co fin de que os mozos e mozas adquiran unha serie de competencias emocionais que lles permitan xestionar e afrontar a adolescencia de forma saudable. Dalila Vizcaíno Regueira e Tamara Rodríguez Pereira son as encargadas de impartir estas sesións.

Comentarios