Luns. 07.10.2024
El tiempo

Xan Fernández Carrera inaugura as xornadas Abrindo Camiño de Senda Nova

Xan Fernández Carrera inaugura as xornadas Abrindo Camiño de Senda Nova
abrindo camino senda nova O investigador e divulgador Xan Xosé Fernández Carrera será o encargado de de inagurar os días de Ecoloxía e Patrimonio "Abrindo Camiño" organizados pola asociación ecoloxista Senda Nova con motivo co décimos aniversario da entidade e que se desenvolverán o 22, 23, 24 e 25 de setembro no 1º andar do mercado municipal de Carballo. Durante as xornadas haberá unha exposición sobre Senda Nova, varias actuacións musicais, un encontro de entidades da contorna, presentación das actividades da vindeira tempada, entre outras actividades. Dende Senda Nova valoran o traballo levado a cabo por Xan Fernández na súa posta en valordo patrimonio da Costa da Morte a través da as investigacións que realizou principalmente dende o ámbito xeográfico e histórico. Moita desa labor recollese nas múltiples publicacións de carácter cultural e turístico que teñen como nexo a costa máis occidental da península. Ademais, Fernández Carrera realiza un importante traballo dende diferentes entidades culturais, como o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, a Fundación Gonzalo López Abente ou Instituto de Estudos Bergantiñáns.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios