XEAL explicou, cos traballadores na rúa, o seu plan de futuro aos rexedores da comarca

Concentracion de luns dos traballadores de Ferroatlántica-Foto-Rafa Quintáns
A dirección de XEAL confírmalle aos alcaldes da comarca, sen a presencia de ningún representante dos traballadores, que volve colaborar con entidades sociais e culturais como Afafes, Cáritas ou o IES Fernando Blanco

Mentres os traballadores das fábricas de Cee e Dumbría se manifestaban, un luns máis ás portas do Concello, no Conco, a dirección de XEAL (Xallas de Electricidade e Aleacións) mantiña unha reunión cos alcaldes e alcaldesas da comarca no Conco. Unha reunión, sen presentación algunha dos traballadores da empresa, solicitada polo alclade dumbriés apenas uns días despois de que o Comité lles pedise implicación aos rexedores, se ben a vontade dos traballadores é unha reunión a tres bandas entre traballadores, empresa e administración.
A reunión serviupara presentar o seu plan de futuro para as súas dúas liñas de negocio: a electricidade coas centrais hidroeléctricas e a produción de aleacións metálicas nas fábricas.

O conselleiro de XEAL, Alejandro Seco, fico fincapé en que a” xestión da compañía se está realizando xa desde a Costa da Morte”, e explicou aos rexedores que “o plan de investimentos, a longo prazo, xa comezou a executarse”.

Javier Vazquez, Director de Aleacións anuncoi que a empresa retoma “o apoio a entidades sociais, culturais e educativas, como Afafes, Cáritas ou o IES Fernando Blanco, aínda que temos en estudo novas colaboracións, co obxectivo de recuperar a implicación no desenvolvemento da nosa área de influencia”.

En clave laboral, informou da intención de manter reunións com todos traballadores cada tres meses, reunións semanales cos mandos intermedios ou a inminente posta en marcha dun portal do empregado. Pero tamén silanou que “o proceso de automatización pode provocar reorganizacións internas de cambios de postos de traballo.

Tamén deixaron claro que para que “a actividade das Aleaciones sexa competitiva, é imprescindible un marco enerxético estable”.


Outra foto da cpncentración de onte de Rafa Quintáns

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA