Martes. 19.03.2024
El tiempo

Ferroatlántica ata cambia de nome

Ferroatlantica agora chamase XEAL
Ferroatlantica agora chamase XEAL,
Ferroatlántica ata cambia de nome

Xallas Electricidad y Aleaciones (XEAL) é o novo nome de Ferroatlántica. Así o anunciou esta tarde a dirección da empresa, propietaria dos complexos de Cee e Dumbría e de 167 mwh hidráulicos, ao tempo que presentou aos traballadores “o seu proxecto de futuro durante a primeira edición das xornadas de comunicación interna”, para os 272 traballadores.

Se dende o Comité de Empresa (que fará unha valoración mañá) considera o anunciou “mera propaganda”, dende a dirección asegura que “o lanzamento da nova marca supón un impulso para consolidar un proxecto a longo prazo iniciado en agosto de 2019, cando a compañía pasou a ser independente trala adquisición por parte de TPG Sixth Street Partners do 100% do capital social”.

Durante a sesión interna, Alejandro Seco, conselleiro de XEAL, fixo fincapé nos seus catro eixes estratéxicos: “máximo compromiso coa seguridade no desempeño da actividade dos seus traballadores, exquisito cumprimento coa normativa medioambiental, cultura preventiva no mantemento dos activos a longo prazo e ser cada máis eficientes e eficaces para competir”.

O TSXG ratifica a nulidade do despedimento de Ramos

Paralelamente a esta nova, a CIG informa de que O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de ratificar a condena a Ferroatlántica polo despedimento do traballador José Ramos por verter comentarios nas redes sociais. Ademais de ordenar a reincorporación inmediata do traballador nas mesmas condicións que tiña, a resolución do  ratifica tamén a condena ao pago dunha indemnización no grao de infracción moi grave.

Novas do Caso Ramos

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios