Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica considera un acto progapandístico o cambio de nome

Ferroatlantica agora chamase XEAL
Ferroatlantica agora chámase Xallas Electricidad y Aleaciones (XEAL)
O Comité de Ferroatlántica considera un acto progapandístico o cambio de nome

Onte a dirección de TPG-Ithaka anunciaba o cambio de nome das fábricas de Cee e Dumbría e das Centrais Hidroeléctricas. A nova marca, Xallas Electricidad y Aleaciones (XEAL), pretende servir, segundo a dirección de “impulso para consolidar un proxecto a longo prazo iniciado en agosto de 2019”.

Pola contra, o Comité de Empresa considera o cambio “un acto puramente propagandístico co que TPG-Ithaka pretende vender os beneficios dunha xestión empresarial que está resultando nefasta para o complexo industrial da Costa da Morte, ao tempo que alardea duns investimentos que non executa”.

Van máis alá e denuncian que “a presentación que onte fixo a dirección é puro fume, xa que falan de consolidar a compañía como referente da comarca, cando a única decisión que aplicaron foi recortar drasticamente a produción, ordenando cesar a actividade no forno 13, reducindo persoal e mantendo o resto dos fornos nunha actividade mínima, mentres ameazan con cesar tamén a produción no forno 14, o que nos deixaría sen fabricación de aliaxes de manganeso no centro de Cee”.

Os traballadores lamentan que “ate o momento a nova propiedade non gastou nin un só euro na necesaria modernización das fábricas de Cee e Dumbría, a pesar do compromiso de investir 14 millóns de euros, dos que Ferroatlántica se ofreceu a Xunta como garante do cumprimento dos compromisos industriais e da creación de emprego”.

”Con esta estratexia o único no que será referente XEAL será na destrución de emprego e no desmantelamento definitivo das fábricas de Cee e Dumbría”, sentenzan.

Ante a situación, o Comité esixe que a Xunta se posicione, convoque unha reunión a tres bandas e esixa o Plan de Viabilidade. Ademais pídelle información sobre a autorización administrativa que ten TPG para realizar o cambio de nome “xa que as concesións das centrais hidroeléctricas están a nome de Ferroatlántica e esta actuación podería supor unha segregación encuberta das actividades, algo que automaticamente suporía a cancelación do dereito de explotación dos saltos de auga”.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios