Martes. 01.12.2020
El tiempo

O persoal de Ferroatlantica mantén o calendario de mobilizacións contra o desmantelamento das fábricas

O persoal de Ferroatlantica mantén o calendario de mobilizacións contra o desmantelamento das fábricas

Este luns 2 de marzo houbo unha cita do calendario de mobilizacións ás portas da fábrica de Ferroatlántica (agora XEAL) de Brens. Preto dun centenar de traballadores volveron deixar clara a súa loita “en defensa dos empregos e da actividade produtiva”, poñendo o foco tanto na dirección como na Xunta, da que esixe que convoque de inmediato unha reunión a tres partes (empresa, comité e Administración).

O Comité de Empresa critica a “actitude pasiva” ante “o drástico da produción (as fábricas están ao 30% da súa capacidade de fabricación e van sufrir un recorte de produción de ferroaliaxes en 8000 toneladas), e o desmantelamento progresivo que están a sufrir as fábrica”. De aí que non entendan que non se esixa o devandito plan de viabilidade.
De igual xeito, o comité esixe saber se TPG ten autorización administrativa para realizar o cambio do nome da empresa, “xa que as concesións das centrais hidroeléctricas están a nome de Ferroatlántica e esta actuación podería supor unha segregación encuberta das actividades, algo que automaticamente suporía a cancelación do dereito de explotación dos saltos de auga”.

A segregación encuberta segue a ser unha das cousas que máis preocupan aos traballadores, pois a produción hidroeléctrica está ao 100%, “confirmando así que o único interese de TPG-Ithaka está no negocio da enerxía”. De feito, a empresa está vendendo 4 veces máis enerxía da que compra para fabricar ferroaliaxes, “algo que contravén claramente as condicións das resolucións da Xunta de Galiza a respecto de que a produción hidroeléctrica debe garantir a actividade das fábricas”.

O Comité denuncia ademais un recorte de persoal, e despois dos 17 novos despedimentos a comezos de ano, denuncian que a empresa vén de prescindir doutros 3 operarios da central hidroeléctrica de Carantoña.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

comentarios