A Xunta confírmalle ao Comité que XEAL incumple as esixencia da administración

Alfonso Mouzo, presidente do Comite de XEAL, o pasado martes ás portas do Parlamento Galego

Apenas un día despois de concentrarse ás portas do Parlamento, a Consellería de Industria recibía nunha reunión oficial ao Comité de XEAL. O secretario xeral técnico da Vicepresidencia Segunda, Pablo Casal, e Ángel Bernardo Tahoces, director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, informaron que a Xunta si lle requeriron a XEAL o plan de viabilidadeque, pero que a empresa está ignorando a petición, e só enviaron un plan de investimentos, que están a analizar.

A Consellería reiterou a demanda, e a resposta da empresa foi aínda máis sorprendente: presentar un recurso contencioso administrativo contra o requirimento da Administración galega. En todo caso, a Xunta matzou que si enviaran outro “proxecto industrial” pero que manteñen vivo o contencioso.

O Comité considera que estes incumprimentos deberían obrigar á Xunta a “actuar de inmediato” para “salvagardar o interese público ao que se refiren as cláusulas”, e evitar o “desmantelamento das fábricas e a perda de mercado”.

O Comité lamenta ademais que a empresa se negue a clarificar o calendario de rearranque dos fornos, como lle trasladou aos rexedores da comarca, mesmo deixando aberto o abano a un novo ERTE.

Nova concentración este venres

O traballadores e as traballadoras continuarán co calendario de mobilizacións semanais e para mañá, venres 23 de outubro, ás 19:00 horas, está convocada nova concentración diante da Casa do Concello de Cee.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA