Martes. 11.08.2020
El tiempo

O comité rexeita o ERTE de XEAL por consideralo "fraudulento"

O comité rexeita o ERTE de XEAL por consideralo "fraudulento"

O pasado 13 de abril, tras cumplirse un mes do estado de alarma, a dirección de XEAL implementou un Expediente de Regulación Temporal de Emprego na empresa, a pesar de non chegar a un acordo co Comité de Empresa. Un ERTE que atinxe á metade dos traballadores, os que están durante os turnos de 14 días nos seus domicilios pasando a corentena preventiva, e que se extenderá mentres dure a “situación excepcional”, pero nunca máis do 3 de xullo.

Un ERTE que para os traballadores non debería exisitir, pois ademais de ser considerada como unha Industria Esencial, o seu principal cliente, Ferroglobe, segue producindo ao 100%, e ademais a sección de ferroaliaxes tamén produce para o sector farmacéutico e alimentario. Lembran ademais que “o 2020 está rexistrando récords en xeración de enerxía nas centrais cuns beneficios salientábeis de arredor de 5 millóns de euros ao mes durante o inverno”.

Dende a Dirección aseguran que cubrirán o 100% dos seus soldos, pero dende o Comité valoran moi negativamente esta medida. Consideran o ERTE como “unha fraude”, e critican que “a empresa só quere aproveitarse da crise sanitaria para aforrar cartos e avanzar no plan de recorte da produción”. Dende o Comité aseguran que as fábricas viven un proceso de “paralización progresiva da actividade dos fornos”, como se comprobou o 13 de marzo, días antes do estado de alarma, cando a dirección apagaba os fornos 12 e 21 deixando só dous dos 5 fornos en funcionamento.

O Comité lamenta que a empresa non se comprometa con ningún plan reactivación dos fornos nin poñer en marcha o Plan de Viabilidade. Foi máis alá o Comité denunciando á dirección ante a autoridade laboral (Consellería de Traballo) por non terlle entregado unha copa da acta do periodo de consultas.

O comité levara adiante todas cantas accións legais sexan posíbeis para evitar que se efectivice unha medida que compromete a viabilidade das fábricas e a propia seguridade do persoal.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

comentarios