Venres. 19.04.2024
El tiempo

XEAL estende o ERTE ata febreiro de 2021

  • O Comité pide unha nova reunión co Conselleiro ademais de convocar novas asembleas de traballadores para decidir posibles novas mobilizacións
Fabrica de Ferroatlantica en brens
XEAL estende o ERTE ata febreiro de 2021

A situación laboral dos traballadores de XEAL continuará en formato ERTE ata febreiro de 2021. Así o anunciaba onte a empresa, que considera necesario activar un ERTE aprobado en febreiro de 2019 provocado, segundo a empresa, por “un descenso continuado da demanda desde principios de ano e agravado pola crise económica derivada da COVID 19, que provocou a redución da produción das compañías productoras de aceiro e o estancamento na actividade dos seus clientes finais (industrias da construción e a automoción).

Abrirase un periodo para aqueles traballadores que queiran adherirse de forma voluntaria, afectando a un 30% do persoal. Os empregados en ERTE recibirán o 85% do salario, o 100% das pagas extra e o 100% das vacacións.

Pola súa parte, o Comité de Empresa solciitou unha nova reunión co Conselleiro de Industria, e convocou unha asemblea de traballadores para o venres para decidir se retoman as mobilizacións.

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

Comentarios