Venres. 23.10.2020
El tiempo

Os sindicatos critican o ERTE de XEAL e acusan á empresa de "facer inviable o centro de traballo" para conseguir a segregación

Concentración do cómite de XEAL-Ferroatlantica o pasado mes de xullo
Concentración do cómite de XEAL-Ferroatlantica o pasado mes de xullo
Os sindicatos critican o ERTE de XEAL e acusan á empresa de "facer inviable o centro de traballo" para conseguir a segregación

Anunciaba onte a dirección de XEAL que ía aplicar o ERTE ata febreiro de 2021. A empresa afirma que o expediente foi “consensuado” coas centrais sindicais, pero esquece que non foi negociado coa actual representación social, senón que se trata do expediente asinado en febreiro de 2019, hai 19 meses, en Madrid entre Ferroatlántica e as centrais sindicais a nivel estatal, en presencia de tres das seccións sindicais pero sen a dun Comité de empresa das fábricas costeiras que ademais se renovou en novembro do pasado ano.
De feito, A CIG non asinara ese ERTE porque a empresa non aceptou tres premisas fundamentais: “retirada do recuso contra a resolución de Augas de Galiza, un calendario de arranque dos fornos, e un plan de viabilidade coa fin de garantir o futuro das fábricas e dos postos traballo”.
A central lamentar terse enteirado pola prensa do ERTE, e lembra que o xa presentou un recurso no Xulgado do Social, estando pendente da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Segregación

Para a CIG a sombra da segregación das producións hidroeléctrica e industrial segue moi viva, coa intención de desmantelar as fábricas e quedar co negocio enerxético, moito máis lucrativo. Así, lembra que mentres as producións nas fábricas de Cee e Dumbría seguen minguando (quedan só dúas unidades produtivas funcionando, estando ao 10% da súa capacidade), o resto das fábricas de FerroGlobe incluídas nese ERTE están traballando practicamente ao 100% da súa capacidade.

O sindicato lembra a necesidade de presentar o Plan de Viabilidade e pide a Xunta que llo esixa. Así mesmo, pide á Xunta unha reunión ou que “actúe de inmediato sobre as concesións, procedendo ao seu rescate”.

"Facer inviable o centro de traballo"

Na mesma liña que a CIG segue a sección sindical USO, que agora dirixe Juan Villar (tras deixar a CGT). "O obxectivo de XEAL é moi claro: facer inviable o centro de traballo, e ficharon a exdirectivos de Alcoa para facelo", denuncia. "Estase amortizando plantilla e facendo desaparecer as empresas auxiliares; xa desapareciu a contratación eventual, fornos parados, e sin interese de ningún tipo por fabricar ferroaleacións, para así dedicarse a venta de enerxía".
"Agora o ERTE vémolo incomprensible que se aplique nunha empresa que non ten nada que ver con Ferroglobe, e sobretodo cando Ferroglobe non vai aplicar ningún tipo de expediente de regulación". Ademais, Villar explica que "incluso a directora financiera de Ferroglobe dixo que a pandemia e o mercado non está causando interrupcións no seu negocio e cadenas de suministro", polo que a única resposta posible é que "Xeal está a destruir o centro de traballo pouca a pouco".

De igual xeito, "a sección sindical CGT non está dacordo con este ERTE". A CGT lembra que "non estivo nesa negociación e tampouco o Comité de empresa do noso centro, polo que entendemos que ese ERTE non pode ser aplicable a nós, pero estámolo consultando".

NOVAS DO CONFLITO #FERROATLÁNTICA

comentarios