A Xunta esquece nos Orzamentos 10 millóns de euros prometidos para o Corredor da Costa da Morte

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reunise onte cos representantes do empresarios do polígono de Bértoa en Carballo
Os Orzamentos da Xunta para 2022 inclúen 3,43 millóns de euros para continuar o Corredor entre Baio e Berdoias

Presentaba onte o PP algúns datos do orzamento autonómico en relación aos investimentos que a Xunta realizará na Costa da Morte en 2022. Cómpre salientar os 3,43 millóns de euros que os orzamentos inclúen para “a continuación da autovía da Costa da Morte, entre Baio e Berdoias”. Si, “e Berdoias”, unha novidade xa que nos últimos anos o único treito previsto polo ente autonómico era ata Calo (Vimianzo), cuxo proxecto xa está feito (coa incógnita aínda de quen asumirá o enlace co polígono de Vimianzo) se ben o treito de Calo a Berdoias só ten feito o desmonte.

Pasaron xa case dous anos dende que a Xunta presentara o proxecto ata Calo. Dous anos de absoluta parálise a pesar de ter orzamentados no sue día 1 millón de euros para 2020 e 4 millóns para 2021.

Ademais deses 5 millóns practicamente perdidos, de feito, os Orzamentos para 2020 inclúa 8 millóns de investimento na infraestrutura para 2022 e 8 para 2023 e seguintes, tendo un total de 28 millóns en varios anos. É dicir, en apenas 2 anos falamos dun recorte de investimento de 10 millóns de euros.

Outros investimentos

Ruben Lorenzo, o deputado popular quere resaltar que son un total de 21 millóns para a Costa da Morte. e Fixo un repaso das actuacións máis importantes:

  • En relación cos polígonos industriais unha reserva de 450.000 euros para solo empresarial en Carballo por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo.
  • Á Variante de Carballo está previsto destinar unha partida de 500.000 euros para avanzar no seu deseño e trámites administrativos.
  • 1,4 millóns de euros para bonificar as peaxes da autoestrada A Coruña-Carballo, AG-55.
  • En materia de saneamento, os investimentos de Augas de Galicia suman 5,65 millóns de euros: para o plan de xestión de inundacións do Río Anllóns con 870.000 euros; a mellora da rede de abastecemento da Laracha con 1,85 millóns de euros; ou a actuación máis importante de mellora de saneamento nos concellos de Cee e de Corcubión, que contarán con 2,93 millóns de euros no 2022.

Novas relacionadas