Martes. 15.10.2024
El tiempo

13 anos despois, a Costa da Morte terá por fin, media Autovía

13 anos despois, a Costa da Morte terá por fin, media Autovía
  • A cruel historia da Autovía Costa da Morte.
Autovia Costa da Morte a 15 de xullo de 2016 A Autovia Costa da Morte está lista para estrear Tourino Primeira pedra autovia Costa da Morte-VAC Touriño puxo a primeira pedra da entón VAC en 2008

Aínda estaba negro o litoral da Costa da Morte cando o goberno de Aznar, en 2003, presentaba aquel famoso “Plan Galicia”, cun paquete de medidas para “axudas” a zonas devastadas polo chapapote do Prestige. Entre as medidas que o goberno estatal ía tomar estaban a Autovía Costa da Morte e o Parador de Muxía (paralizado sen data de remate).

Foi o 7 de maio de 2008, cando a Autovía Costa da Morte aparecía por primeira vez, e con carácter oficial, no Diario Oficial de Galicia. Era a adxudicación (a primeira de tantas) para a construción e explotación, por un período de 30 anos, da autovía Carballo-Berdoias. 6 meses despois, en decembro de 2008, Touriño prantábase en Cee cunha pa para poñer a primeira pedra da VAC, e asegurar que o treito da autovía entre Carballo e Baio entrará en servizo a finais de 2010 mentres que o seguinte treito, entre Baio e Berdoias- abrirase ao tráfico tan só 6 meses despois (verán de 2011).

Feijoo na Autovia costa da Morte en marzo 2016 Feijoo presidindo a comitiva política na última visita á Autovía Costa da Morte o pasado mes de marzo

Pasaron un par de anos sen apenas novas (o cabo de goberno en 2009 na Xunta pasounos) e nos situamos en outubro de 2010 e as obras non empezaran, as obras dunha infraestrutura tan importante para intentar o evitar o desastre Económico-Financeiro da Costa da Morte. Pouco facían, e pouco fixeron os alcaldes da comarca para evitalo, máis aló dunha pequena e simbólica marcha

Pero o novo goberno de Feijoo tiña novos plans para esta estrutura, pois non gustaba das empresas adxudicatarias do goberno bipartito, argumentando que non tiñan solvencia económica. Solución: en xuño de 2011 aproba unha nova licitación , con 200.000€ de sobrecuste e metendo a unha das mesmas empresasdo primeiro contrato. Consecuencia: 2 anos de retraso sobre o prazo de entrega da obra. “En verán de 2013 estará acabada”, aseguraba entón o presidente.

Era agosto de 2011 cando comezaban as obras e pouco despois, en novembro de 2011, tiña lugar a apertura VAC Cee-Sardiñeiro.

Chegan agora os recortes, e abril de 2012, os camións da Autovía paraban motores. A falta de financiamento das empresas e as necesidades de recortar dos gobernos estatal e autonómico provocan 1 ano de paralización das obras, o que non impide que a Xunta siga situando o verán de 2013 como data de entrega. Recoñecía a a Xunta en febreiro de 2013 case un ano de parálise, pouco antes dun dos episodios máis crueis da súa historia.

Foi o 13 de marzo de 2013, apenas un ano despois de prometer que estaría rematada en 2013, cando As obras do treito sur da Autovia Costa da Morte en Berdoias As obras de desmonte do treito sur da Autovia Costa da Morte chegan ata Berdoias

Non paraban aí os problemas e en outubro de 2013 a concesionaria da Autovía quedaba en creba. Pasaban rápido os anos por aquel entón, coa e tardou un, en recoñecer que só se levaría a cabo o treito entre Carballo e Baio, esquecendo o Baio-Berdoias. Tras dous anos e medio de total paralización das obras, en ritmo electoral permite que as obras avancen con normalidade, e xa en outubro de 2015 atrévense a asegurar que a o treito norte estará en funcionamento en verán de 2016 pero que o treito sur se realizará “cando San Xoán baixe o dedo”.

 

”Este verán”

Autovia Costa da Morte lista para inaugurar Lista para estrear

Parece que desta vai. Xa o pasado venres non había nin traballadores na estrada, e apenas unha máquina pintaba as liñas laterais como último paso para quedar lista.

A Xunta ten prantexada a apertura da infraestrutura para finais deste mes de xullo. Será unha data importante para a Costa da Morte, sen dúbida. Pero para unha Costa da Morte que segue esperando o treito Baio-Berdoias, xa comezado no seu día; e polo treito Berdoias-Cee (o gran esquecido) para por fin, dicir que temos unha verdadeira infraestrutura que vertebra a Costa da Morte, dende A Coruña ata Fisterra. Por agora só van 13 anos. A ver cantos tardamos en conseguilo.

 

A historia da Autovía Costa da Morte

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios