Martes. 19.03.2024
El tiempo

Anunciada a ampliación da “Vía de Altas Prestacións”, con saída pero sen enlace co polígono de Vimianzo

Anuncio da Ampliacion da Autovia Costa da Morte ata Vimianzo
Anunciada a ampliación da “Vía de Altas Prestacións”, con saída pero sen enlace co polígono de Vimianzo
Unha completa comitiva institucional achegábase hoxe ata a Piolla para anunciar o proxecto de prolongación da, agora chamada, “Vía de Altas Prestacións” da Costa da Morte. A encargada de anunciar o proxecto foi a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, o alcalde de Cabana, as alcaldesas de Camariñas e Vimianzo, en presenza ademais dos voceiros do PP destes dous concellos.

Como se viña esperando dende hai máis dun ano (en realidade dende hai 17 anos xa…), a Xunta anuncia, en plena campaña electoral, os 5,8 km de corredor (un só carril por sentido) entre Santa Irene e a AC-432 (na rotonda de Calo, preto do Karting), a estrada que une Vimianzo e Camariñas.

Mapa do novo treito da Autovia Costa da Morte entre Santa Irene e Vimianzo

Prazos

Pero a cousa vai levar o seu tempo. Anuncia que se abre o período de exposición pública. O 7 de abril farase a exposición de reclamacións; despois tocan 6 meses para a licitación, para intentar adxudicar aobra antes de final de ano, unha obra que se terá 24 meses de execución. Poñémonos, pois, en 2023 como data final de posta en marcha do novo treito…

Sobre os orzamentos, a Xunta lembra que este ano hai 1 millón de euros no orzamento anual, e ao ser unha obra plurianual, xa hai convenidos 4 millóns para 2021; 8 para 2022 e 8 para 2023 e seguintes. En todo caso, son cifras que cada ano varían nos orzamentos, pois o orzamento completo presentado foi de máis de 28 millóns de euros.

Decepción en Vimianzo

A alcaldesa de Vimianzo saíu “triste” da cita, pois se ben o proxecto da Xunta si que reflicte unha saída específica para o polígono, non recolle o 1,5km que hai dende o polígono ata a estrada. Insiste a Xunta é que iso é competencia de SEPES, do goberno central, polo que á alcaldesa tócalle seguir loitando por esta gran necesidade para dinamizar o polígono e trasladarlle a SEA a situación.

O novo treito inclue unha saida cara o poligono de Vimianzo

Infografia Autovía Costa da Morte (Santa Irena - AC-432)Infogracia Autovia Costa da Morte en Santa IreneInfografia Autovía Costa da Morte Viaducto Vimianzo

Novas da Autovía

Comentarios