Reiteran a necesidade de rematar a Autovía ata Cee, ou polo menos ata Berdoias

Non cesa a Asociación de Veciños Costa da Morte de Fisterra na súa lóxica reivindicación arredor da Autovía Costa da Morte. Só pide que se cumpla o prometido hai xa 17 anos, unha vía de alta capacidade entre Carballo e Fisterra. Mentres esperamos que avance o proxecto de 5,5 km entre Baio e Santa Irene (paralizado dende hai case un ano polas discrepancias sobre o enlace co polígono), lembran a necesidade de retomar a fase de 15 km. entre Vimianzo e Berdoias, co que se evitaría o cruzar o centro urbano de Vimianzo. Un treito sobre o que xa se realizaron no seu día o movemento de terra, pero que carece de proxecto.
Para o presidente José Fernando Carrillo, a autovía servirá “de eixe vertebrador de toda esta extensa zona e motor dun futuro desenvolvemento económico e social do territorio coa creación de industrias, potenciación do turismo, mellora do comercio, fixación de poboación“.
Historia da Autovía en novas
- Setembro 2020: Lembran os case 20 anos de promesas da Autovía Costa da Morte ata Brens.
- Xullo 2020: SEA sobre o enlace do Polígono de Vimianzo: "A Xunta non pode eludir as súas competencias”.
- Febreiro 2020: “Se o PP quere facer o Corredor da Morte, que marchen que nós acabaremos a obra” .
- 21-02-2020: Anunciada a ampliación da “Vía de Altas Prestacións”, con saída pero sen enlace co polígono de Vimianzo.
- Outubro 2019: Os Orzamentos da Xunta inclúen 1 millón de euros para a VAC, pero as obras non comezarán ata 2021.
- Xuño 2019: A Xunta descarga no Goberno Central a conexión da Autovía co polígono de Vimianzo.
- Novembro 18_ “A este ritmo, o Corredor da Costa da Morte estará completo en 2070”.
- Maio 18: A Autovía Costa da Morte, a segunda menos utilizada de toda Galicia.
- Marzo 17: De Autovía a Corredor: Un novo recorte para a imprescindible infraestrutura da Costa da Morte.
- 09-03-17: O PSdG solicita un acceso directo ao polígono de Vimianzo na prolongación da autovía da Costa da Morte.
- 2016: 13 anos despois, a Costa da Morte terá por fin, media Autovía.
- 2014: As máquinas volven traballar na Autovía Costa da Morte case dous anos despois.
- 2013: O Conselleiro ríese da Costa da Morte asegurando que a Autovía estará rematada no 2016.
- 2012: O Conselleiro ratifica unha Autovía ata Berdoias rematada no 2013 e sen peaxe.
- 2008: Touriño chega pola VAC e pon a primeira pedra da Autovía Costa da Morte.