Sábado. 07.09.2024
El tiempo

“Queremos atención en galego. Queremos traballo aquí”

“Queremos atención en galego. Queremos traballo aquí”
Campana Queremos atencion en galego da Mesa pola Normalizacion en Carballo

Ese é o lema da campaña que está a desenvolver a sección da Mesa pola Normalización Lingüística en Bergantiños. “Queremos atención en galego. Queremos traballo aquí” é unha medida que permitiría a creación de 2000 empregos no país e remataría coa discriminación do idioma nesta materia. E non se trata doutra cousa que de poder reclamar o dereito a sermos atendidos en galego nos centros de chamadas das empresas que operan en Galicia.

Para iso faría falta formación en lingua galega para as empresas, e aí é onde aparecen os postos de traballo. E se entre o ano 2010 e 2012 se destruíron máis de 2040 postos de traballo en Galicia nesta clase de centros de atención ao cliente, e incrementouse considerabelmente a cifra de deslocalizacións cara a outras partes do estado e a outros países, “se solicitamos atención en galego podemos recuperar os postos de traballo perdidos, pois ninguén poderá prestar ese servizo mellor que as galegas e os galegos”, afirmou o responsable da Mesa en Bergantiños, Xosé Cotelo.

Evolucion do emprego nos centros de Chamada de Galicia

A Mesa de Bergantiños repartiu esta fin de semana centos de folletos informativos en Carballo así como postais para lle enviar ás grandes compañías (administración, banca, transporte, telecomunicacións, seguros, enerxía, industria...) para lles reclamar o uso do galego.
A sección comarcal da Mesa en Bergantiños animou o conxunto da veciñanza a reclamar o uso do galego nos centros de chamadas, pois “alén do noso inalienábel dereito a falar a nosa lingua en todos os ámbitos da nosa vida, en galego, creamos emprego en Galiza”.

Queremos atencion en galego

Novas relacionadas

Fonte

  • Mesa pola Normalización.

Comentarios