Venres. 26.04.2024
El tiempo

10 anos seguindo a remar dende o Pindo

10 anos seguindo a remar dende o Pindo
Xornadas de Pesca do Pindo 2015

Sempre auténticas as citas pesqueiras no Pindo. E este 2015 toca celebrar o 10º aniversario destas X Xornadas de Pesca do Pindo, que terán lugar os vindeiros 26, 27 e 28 de xuño. Superando numerosas dificultades económicas, o pósito liracho quere seguir espallando e poñendo en valor o seu patrimonio etnográfico salgado, e o fai a través destas variadas xornadas, que levan como lema “Seguindo a remar”.

Traen un programa de actividades do mais variado, pensando nos máis peques, e con charlas, degustacións, recitais poéticos, actuacións musicais, exposicións e unha marea de cousas entorno o mundo do mar.

Un programa cheo de nomes propios

Hai nomes propios de relevancia. Se ben durante a semana anterior (do 22 ao 24 de xuño) hai diferentes actividades infantís, as Xornadas serán inauguradas a Secretaria da Confraría, Mercedes Díaz Mayán, o venres 26 de xuño a partir das 18:00h, e tomará a palabra o presidente da Federación de Confrarías Galegas, Tomás Fajardo. Esa mesma tarde terá lugar a proxección dun vídeo documental sobre o décimo aniversario das Xornadas, antes de dar paso á Mesa Redonda con Manolo Souto e Alfredo López sobre formación e divulgación marítima, precisamente as bases destas xornadas. A noite do venres rematará cunha degustación, por suposto, de produtos do noso mar, e unha actuación musical da man de Proxecto Pentalfa.

Durante o sábado estarán Mónica Góñez e María del Mar Llinares falando en clave de lingua mariñeira, estarán varias artesás da zona na mesa redonda da 13:00h, e pola tarde, obradoiro poético con Suso Bahamonde, e de seguido recital poético, tremendamente salgado, con Chisco Fdez. Naval, Marta Dacosta, Alexandre Nerium, Miro e Rafa Villar e Xosé Iglesias, acompañada pola música de Carlos e Fran Barcia. Antes do peche, certame de aperitivos e entremeses.

Para o domingo, máis mesas sobre experiencias mariñeiras, co capitán David Trillo, o armador David Martínez Bau, o mariscador Fernando Siaba, a mariscadora Carmen FOrmoso ou o sociólogo Daniel Fdez. Longueira que nos contarán as sías historias. O coloquio será sobre o futuro e antes de comer Milucho Louro, Antonio Ayut e Fátima Rodríguez falarannos das novas expectativas para o futuro do sector.

Aí quedan eses nomes.

Programa Xornada de Pesca do PIndo 2015

Máis información

Máis información e inscricións (ata o día 16 de xuño): 981 764 815, [email protected], e www.pindomarino.org.

Novas relacionadas

Xornadas de Pesca do Pindo

Fonte

Comentarios